Blogues

THE LANGUAGE MAGICIAN

O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician.

Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre.

O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais.

Actuación de 2º de Primaria

ACTUACIÓN DE 2º DE PRIMARIA

 

O xogo do Hula-Hoop

O xogo do Hula-Hoop

 

O alumnado do noso centro mostra como se xoga ao Hula-Hoop!

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 22-23

Bo día:

Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023.

Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365.

De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos.

AXENDA CULTURAL BOIRO

Bo día:

A continuación informámoslles da obra de teatro que se representará o venres día 8 na Casa da Cultura de Boiro.

Programación teatral desta semana

Programación teatral desta semana

 

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

3º Faladoiro de EspazoFamiliaS

 Reservas en espazofamilias.org

 

Fin de semama cultural e deportivo

FIN DE SEMANA CULTURAL E DEPORTIVO

 

Este fin de semana poderemos desfrutar tanto do teatro como do fito histórico do clube de voleibol de Boiro coa súa primeira PlayOff na máis alta categoría. Axuntamos información dos eventos.

Tamén teñen á súa disposición a exposición itinerante "A Casa de Rosalía" na Praza do Emigrante de Pobra do Caramiñal.

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON RODRIGO CHAO

O venres 11 as nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º tiveron o pracer de desfrutar dun taller de ilustración co profesional Rodrigo Chao. 

Transmitiunos que tod@s sabemos debuxar, contounos cousiñas sobre o seu traballo e ensinounos técnicas de debuxo que nos servirán de moito!

Aquí podedes ver o ben que o pasamos ese día e algúns dos debuxos!

 

Áreas de influencia educativa (zonas educativas) dos centros de Boiro

ÁREAS DE INFLUENCIA EDUCATIVA DOS CENTROS DE BOIRO

Zonificación aprobada (2022)

Mapa non oficial orientativo

 

 

Con este mapa pode buscar a zona na que reside/traballa e comprobar a zona educativa á que pertence.

 

Programación de teatro de marzono concello

Programación de teatro de marzono concello

 

 

ENTROIDO 2022

Este ano fixemos a nosa humilde representación do tradicional Enterro do Oso de Abanqueiro. 

Os nenos aprenderon un montón coas charlas previas e pasámolo en grande o día da celebración.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

A bailarrrr!!!!!

SELO DE CALIDADE eTWINNING 2021

Hoxe recibimos un pequeno agasallo para os nenos e a placa

conmemorativa do Selo de Calidade recoñecido ao noso centro polo

proxecto eTwinning do curso pasado: LINGOTURE.

 

Moi contentos despois do traballo!

ENTERRO DA CEBOLIÑA

O pasado xoves tivo lugar no noso centro o tradicional enterro da nosa Ceboliña. Aquí tedes un pequeno resumo dese día.

Moito choramos por ela!!!

Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína

Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína

 

 

Cáritas Boiro ven de organizar un traslado de material humanitario para os refuxiados da guerra en Ucraína. O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro súmase, como outras entidades locais de Boiro, como punto de recollida de material humanitario.

Distribuir contido