Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Axudas para distribución de Mascarillas

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.

  • Todos aqueles que xa sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar durante o presente curso non necesitan presentar ningún tipo de documentación.
  • Aqueles que non sexan beneficiarios da Axuda de Material Escolar no curso 21-22, poderán solicitar esta axuda (mediante o Anexo axunto) no caso de que cumpran algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf.

Teatro na Cachada - Outono Cultural

DÍA MUNDIAL DA DIABETES.

O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para darlle visibilidade a esta enfermidade e hoxe elaboramos un pequeno video de apoio para os nosos dous heroes de capa azul.

ÁNIMO CAMPIÓNS!

Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro

Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro

 

O Concello de Boiro vén de publicar a súa programación cultural para o mes de novembro. Poden consultala premendo na imaxe ou na seguinte ligazón: Programación Novembro.

 

Programación de novembro

Grazas a Pita coñecemos os Castros de Neixón

O proxecto de biblioteca deste curso augura vivenzas moi interesantes... A primeira foi a visita aos castros de Neixón e o seu pequeno museo!!!

Comezamos o alumnado de infantil, pero iremos todas as aulas. E seguro que todas aprenden moitísimo, coma nós!!!

Suxerímosvos visita en familia. Gozamos moito moitísimo e faltounos tempo!!!

 

Pica na fotogtrafía e verás un pequeno vídeo que resume a visita

SELO CALIDADE EUROPEO PROXECTO ETWINNING

Estamos moi contentos porque fomos premiados co Selo de Calidade Europeo polo proxecto de eTwinning LINGOTURE que levamos a cabo ao longo do curso pasado na área de inglés co alumnado de 4º e 6º de primaria.

RESUMO DA CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Onte tivo lugar no noso centro a carreira solidaria en favor da Fundación Unoentreciemil que apoia a investigación sobre a leucemia infantil.

Moitas grazas pola vosa colaboración, entre todos recaudamos un total de 496,49€, axuntamos o xustificante do ingreso.

Deixámosvos un pequeno resumo a continuación.

1º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

  1º PISTA

ÚLTIMAS NOVAS!!!!!

Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita.

Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida.

Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!!

Enquisa do Concello de Boiro sobre clima e enerxía sustentable

 

Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Boiro

 

O Concello de Boiro traballa na elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), unha acción que ten como obxectivo elaborar un documento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivos medioambientais e que sirva como folla de ruta contra o cambio climático dende o Concello.  

Para a elaboración deste documento é fundamental a participación cidadá e coñecer a opinión da veciñanza sobre determinados aspectos medioambientais. 

Podes responder a enquisa AQUI

 

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable é unha iniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 co compromiso de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables. 

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e tamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable. 

 

Axudas de aquisición de material deportivo do Concello de Boiro

Axudas de adquisición de material deportivo do Concello de Boiro

 

O Concello de Boiro vén de concedernos unha axuda para a adquisición de material deportivo que aproveitaremos para repoñer material deportivo estragado e adquirir algún material novo.

 

¡Moitas grazas ao Concello!

 

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis queremos colaborar coa fundación Unoentrecienmil a través dunha carreira solidaria que terá lugar o venres día 22 de outubro.

Pedimos a vosa colaboración para aportar 1€ por neno/a, ou a cantidade que consideredes, e así entre todos facer chegar a nosa axuda a esta investigación.

Podedes consultar máis detalles a continuación:

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Asesoramento tecnolóxico para as familias dende o CEMIT de Boiro

ASESORAMENTO TECNOLÓXICO DENDE O CEMIT DE BOIRO

  

 

Dende o CEMIT infórmannos que calquera usuario que necesite de asesoramento tecnolóxico (configuración dun dispositivo, dúbidas tecnolóxicas...) poden obter este asesoramento dende o CEMIT, sempre con cita previa. Ver cartaz de arriba.

Ademais, dende o Consello Escolar Municipal e dende o CEMIT informámoslles que estamos preparando un itinerario formativo, para inicios do vindeiro ano, para as familias no que poderán acceder a:

  Nivel 1: Uso básico do dispositivo (PC, Móvil ou Tablet) e de plataformas de comunicación: videoconverencias, Abalar móvil...

  Nivel 2: Coñecementos básicos de Aula Virtual e edixgal para poder guiar/supervisar o traballo dos fillos e fillas.

  Nivel 3: Solicitude e uso de certificados dixitais (ou dnie, chave 365...) e realización de trámites administrativos básicos online.

Para este itinerario, que poderá dispoñer de certa flexibilidade a adaptabilidade a diversos tipos de xornada de traballo, recibirán cumprida información cando esté a súa preparación finalizada.

Cursos do CEMIT de Boiro

Actividades culturais de outubro no Concello de Boiro

Distribuir contido