Skip to Content

EBO Nivel 2

Recomendacións Nivel 2

Actividades para o Nivel 2

A profesora Iria (Nivel 2) envíavos un pdf cunha serie de tarefas para realizar na casa relacionadas coas rutinas diarias, cálculo ou lectoescritura (entre outras). 

Preme en adxunto para descargar o arquivo ao completo! 

 

Educación física: actividades para o domicilio

Boas a todos e todas os alumnos e alumnas e, como non, ás familias! 

Como xa sabedes, debemos estar na casa pero iso non quere dicir que non podamos movernos, todo o contrario! É necesario que nos movamos para ter o corpo activo e así as partes do noso corpo non se adormecen. Así que imos a facer como nas clases e así non variar as costumes, pero...ollo! debemos facerlle caso do que nos vai decindo a persoa que vos acompaña para facer as tarefas.

A continuación, podedes descargar un documento para seguir paso por paso as clases ou sesións de Educación Física na casa. En caso de dúbidas, sempre podedes poñeros en contacto connosco. 

Para descagar o arquivo, preme aquí. 

 

Experimentos para casa

Aquí tedes un vídeo, enviado por unha mestra de Nivel 2, para realizar algúns sinxelos e interesantes experimentos durante estos días na casa. 

 

Museos: visitas virtuais

Dende o CEE Terra de Ferrol, queremos recomendarvos unhas visitas virtuais a dous museos. Unha actividade moi interesante para realizar cos estudantes sen saír da casa e aprender un pouco máis de arte.

Pincha nos enlaces, e comeza a túa visita virtual polo MUPEGA e o Museo do Prado.

https://www.edu.xunta.es/mupega/visitavirtual

https://www.museodelprado.es/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut