Skip to Content

EBO Nivel 2

Actividades Audición e Linguaxe

Os mestres/as de Audición e Linguaxe achegamos estas actividades para que dende a casa poidades mellorar as vosas habilidades en lectura e escritura ao mesmo tempo que vos entretedes na rede.

Esperamos que vos gusten e que pasedes un bo rato.

Para descargar o arquivo, preme aquí.

Vídeos Nivel 1 e Nivel 2 (Relixión)

A profesora de Relixión (Noelia) envíanos uns vídeos para o seu alumnado! Esperamos que vos sexan de utilidade.

Para ver todos os vídeos, tedes que premer en adxunto e descargar o arquivo (onde atoparedes todos os enlaces). Ademais, para aquelas familias que dispoñan de impresora, en adxunto tamén tedes uns debuxos para pintar!

 

               

 

Novo espacio virtual!

A mestra Iria fainos chegar este novo blog (creado por ela) que busca servir de canle de comunicación coas alumnas e alumnos da súa aula. Todos os días haberá propostas de actividades e información sobre como levalas a cabo, así como novas de interese. Non deixedes de entrar!

Preme no enlace para acceder directamente ao blog!

https://sites.google.com/view/aulacincodept/inicio

Estimulación musical

A especialista de Musicoterapia (Estrela) envíanos un documento con exemplos para realizar actividades na casa relacionadas coa música. Esperemos que vos sexan de utilidade!

Preme en adxunto para descargar o arquivo.

Pautas Audición e Linguaxe

Debido a situación de alarma sanitaria que estamos vivindo na actualidade temos a obriga de permanecer nas nosas casas para deter a propagación do virus COVID-19, pero iso non significa que nós dende os nosos domicilios non poidamos contribuír a estimulación lingüística dos nosos nenos/as.

Existen moitas tarefas que podemos realizar integradas dentro das nosas rutinas diarias e a través das cales podemos contribuír ao desenvolvemento das diferentes áreas da linguaxe sen necesidade de dispor de material específico.

Por iso, os mestres/as de audición e linguaxe do CEE Terra de Ferrol engadimos as seguintes actividades que podedes descargar a continuación, non sen antes desexar que pronto nos volvamos ver.

 

Para descargar o arquivo, preme en adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut