Skip to Content

Apartamento

APARTAMENTO

Este espazo esta concebido para que os nenos e nenas desenvolvan tarefas relacionadas coa autonomía persoal (vestido, desvestido,aseo...), así como outras relacionadas con tarefas da vida diaria (facer a cama, colgar a roupa, poñer a mesa...). Deste xeito conseguiremos que o noso alumnado consiga ferramentas para afrontar a súa transición cara a vida adulta.

Como se pode observar nas seguintes fotografías, este espazo educativo conta con catro partes ben diferenciadas:

  • Cociña totalmente equipada con electrodomésticos, vaixela e tendedeiro.
  • Salón-comedor.
  • Pequena habitación con cama e armario.
  • Tocador para peitearse con secador.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut