Dinamización da lingua galega

Calendario Estiño

Neste novo curso seguimos a participar no calendario Estiño con outros centros de Lugo. Este ano, o calendario, está adicado á meteoroloxía. Dado que nos contamos cunha estación meteorolóxica, grazas o plan proxecta de meteoescolas, este ano o noso debuxo vai adicado a dita estación, debuxando termómetros e cataventos. Dende o EDLG, preparamos este vídeo coordinado pola mestra Marta Manso, para que disfrutedes dos nosos traballos e as nosas obras de arte. Seguiremos a traballar sobre o proxecto, xunto co equipo de meteoescolas. 

Comezamos un novo curso.

 

Comezamos un novo curso cheo de tarefas e novos proxectos. Ao longo do curso, iremos informando das actividades que fagan os nosos alumnos en colaboración coa Comunidade Educativa; sempre en galego, a nosa lingua. Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con algún membro de este equipo que tamén é voso. E así, comezamos este curso...

Equipo de Dinamización da Lingua Galega curso 2021_2022

Cristina Álvarez Ramos 

Milagros Castro Prieto 

Sabela Fernández Torres 

María Marta Manso Eliz 

Lucía Seijas Vázquez

Ángela Paradela Méndez