Dinamización da lingua galega

Lembrando a Castelao

Lembramos a figura de Castelao con varios traballos que elaboraron os nosos rapaces. Ben o merece o noso Castelao!

 

CHEGOU O NADAL

Recibimos a visita de Mamá Noel, escribímoslle a carta, tomamos chocolate e fixemos un mercadillo de Nadal. Bo Nadal a todos!

PALABRA DO ANO 2022

Gústanvos estas palabras? A nós moito e por iso as escollimos como as nosas palabras do ano 2022.

ENTONCES QUEN?

Para concienciarnos sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller, o  25-N fixemos, entre outras actividades, a realización dun mural no que participamos todas as aulas do centro.

CORRELINGUA 2022

Asistimos o día 19 de outubro á festa do Correlingua no Auditoria Gustavo Freire. Nela bailamos arreo co concerto de PAULIÑA, unha rapaza que compón en galego e toca música rock coa súa banda. 

E como di o logo da festa: FÁLAME!

 

QUE É UN AVÓ PARA TI?

O día 1 de outubro celebrouse o Día dos maiores e no noso cole fixemos uns murais por aulas nos que os nosos rapaces reflexaron o que son os avós para eles. Estes traballos enviámolos ó centro de maiores de Guntín que os recibiron encantados.

 

Letras Galegas 2022

Adicamos o mes de maio ás Letras Galegas. O día 13 de maio contamos coa actuación de Magín Blanco: " O que levamos nas maletas". O alumnado disfrutou de cancións no patio do cole en galego. Igualmente a través do mateiral da Primavera das Letras, do Seminario Galán e do material creado pola mestra Mila,  coñecemos o autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. O alumnado realizou  traballos durante todo o mes. Por último o 20 de maio realizamos unha videoconferencia con Lucia Gómez, autora do libro adaptado a pictogramas da colección lectura fácil da Editorial Galaxia: Un legado infindo; onde lle fixemos preguntas e ela recitou algún dos poemas de Florencio que máis lle gustaron. Coma sempre, grazas a todos pola vosa colaboración e en especial a Lucía e Magín por traer maxia ao noso cole.

 

Visita ao Ceip Manuel Mallo Mallo.

Hoxe o alumnado  de Peiteado coa mestra Rocio, en prácticas da USC, e con Julia e Paula foron ao cole de Nadela a contar un conto creado por Rocio para o noso centro: A abella Ana e a primavera. 

Os alumnos de Infantil e 1°, 2° e 3° de Primaria disfrutaron do conto contado polo alumnado  e dalgunha actividade lúdica sobre o mesmo . Grazas ao cole de Nadela por esa gran acollida.