Dinamización da lingua galega

Letras Galegas. Florencio Delgado Guirriarán

Para celebrar as Letras Galegas, neste mes de maio, contamos con algunhas ligazóns importantes das que podedes disfrutar e coñecer ao noso autor homenaxeado. 

 

https://primaveradasletras.gal

http://seminariogalan.org/

O Moucho: Rosalía de Castro

Dende o Plan Proxecta: Protexemos os animais tamén festexamos o Día de Rosalía. 

Correlingua

O día 30 de novembro contamos no centro con Ana Carreira, a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega na actividade Correlingua. Contounos contos infantís e xuvenís en galego. Ademáis contamos co agasallo dunha mochila moi Correlingua.

25N

O venres 25, traballamos co Equipo de Biblioteca o día contra a violencia de xénero. Ese día a aula 1 e 3 traballaron un conto en galego: As princesas pequenas tamén soltan peidos. Gran traballo.

 

 

 

 

O Magosto

Durante a semana do Magosto fixemos distintas tarefas: manualidades, xogos e comer castañas asadas. Todo o alumnado do cole participou nas distintas actividades, sempre atendendo o protocolo Covid. 

 

 

 

 

As castañas e a amizade

Como ben sadedes esta è a semana na que celebramos o Magosto no cole, as protagonistas do magosto son as castañas, que antiguamente eran símbolo dun valor tan preciado como è a AMIZADE, as nenas da Aula 5 decoraron unhas castañas con pintura e meteronas en bolsitas que apareceron por sorpresa ao longo de esta semana polas aulas, para brindar a súa AMIZADE a todos os seus  compañeiros do cole.

Extra! Paco Nogueiras

O 18 de novembro, en colaboración co Equipo de Biblioteca e Actividades Extraescolares, e para seguir a celebrar o Magosto, contamos coa actuación de Paco Nogueiras co seu libro cd Extras!, grazas a rede cultural da Deputación de Lugo. Un gran día de festa no noso centro.

 

O Magosto

Nesta semana estamos a facer distintas actividades relacionadas co Magosto. Contaremos coa actuación de Paco Nogueiras e faremos un Magosto típico do centro. Durante toda a semana o alumnado está a desfrutar de xogos relacionados coas castañas. Unha das actividades que realizamos foi confeccionar os carteis, por aulas, das regras dos xogos. Quedaron preciosos.

 

 

"Samaín en LSG"

O alumnado de peiteado xunto coa aula 9 preparou un vídeo do traballado na festa do Samaín en Lingua de signos en galego. Esperamos que vos guste.

As aventuras da vieira Migueliña no camiño de Santiago.

En colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares puidemos disfrutar do contacontos " As aventuras da vieira Migueliña no camiño de Santiago", da Fundación Fundamar e promovida polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Ademais do conto contamos cun taller de Origami.