Onte veu de visita Xela, da man de Inma Soto, e ademáis de facernos pasar un día moi agradable, aprendimos moitas cousas sobre o coidado da horta e da natureza gracias por unha visita tan especial
Onte veu de visita Xela, da man de Inma Soto, e ademáis de facernos pasar un día moi agradable, aprendimos moitas cousas sobre o coidado da horta e da natureza gracias por unha visita tan especial
O día 11 foi o Día da Muller e a Nena na Ciencia asi que no cole dedicámonos a aprender un montón sobre diferentes mulleres científicas.
As aulas 1 e 3 estiveron traballando 3 mulleres científicas: Isabel Barreto, Josefina Castellví e Antonia Ferrín. Fixeron diferentes actividades sensoriais moi chulas!
O alumnado de Xardinería preparou uns códigos QR e a información sobre diferentes mulleres científicas moi interesante que compartiron con todo o cole! Como non, as aulas 5 e 6 pasaron a velos e aprenderon un montón de cousas! Ademais estiveron facendo diferentes actividades na aula.
As aulas 14 e 15 tamén pintaron mulleres científicas e viron información moi interesante!
Ademais, tiñamos material de polos creativos en relación a estes contidos nun recuncho do centro, co que desfrutou e xogou o alumnado.
Botade un ollo, xa veredes que ben o pasaron e canto aprenderon!
Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, escritora da nosa terra.
Para celebralo, Alexandra do Programa Formativo de Peiteado, fíxonos un vídeo con información sobre Rosalía que é moi interesante!
Ademais, o alumnado do centro, representou o poema "Parece unha rosa" e, prepararon unhas rosas fermosas que hoxe lle levaron a Rosalía ao longo da mañá.
Botade un ollo, xa veredes que bonito fixeron todo!
O pasado mércores o alumnado de Programas Formativos visitou o CIFP Politécnico de Lugo para coñecer de primeira man cómo están a traballar nos xogos do proxecto Innova que temos en común: un patio para todos e, que se colocarán no noso patio.
Pasámolo xenial, grazas pola acollida!!!
Xa estamos desexando volver!
Onte foi o día da enerxía e o alumnado de Peiteado estuveron traballando os diferentes tipos de enerxía a través de este panel de robótica, parárono xenial co ratón robot
Hoxe 21 de Febreiro é o DÍA DA LINGUA NAI, e nós presumimos da nosa, a GALEGA.
Traballamos, xogamos, cantamos, trouleamos, contamos e falamos en GALEGO!, queredes ver cantas palabras da horta coñecementos na nosa lingua?
O día 11 foi o día da Muller e a Nena na Ciencia, estabamos de vacacións de entroido pero non queremos deixar pasar esta conmemoración por iso ao longo da semana faremos xogos, investigaremos sobre mulleres científicas importantes e descubriremos moitas cousas increíbles sobre a ciencia e o papel da muller nela!!!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017 |