Blogues

Recomendacións Lectoras de Abril Día dos Bicos

Mérida quere adicar as recomendacións lectoras de Abril aos BICOS, bicos de cores, bicos de boas noites, un montón de bicos, quere comervos a bicos a todxs!!!!

13 de abril día dos bicos

        

Contacontos no CEIP As Mercedes, TEA

Hoxe fumos a contar un conto ao CEIP As Mercedes!!!, eleximos o conto TEA, de Alejandra González, aprendimos a ver o mundo dende as gafas de TEA a protagonista.

 Disfrutamos moito da compañía dos nosos espectadores!!!, gracias por convidarnos!!!

E noraboa a Paula, Antón, Escarlen,Vicky, Jenny, Laura, Lorena e Victor, que me contou un paxariño que andaba revoloteando por alí que o fixeron fenomenal!!!, o xoves repetimos a contada no cole!!!!

2 de Abril día de Concienciación das persoas con TEA

#voluntariadonabiblio

         

  

Concerto de Paco Nogueiras

O venres 22 coa finalización do trimestre, a Deputación de Lugo axudounos a traer ao noso centro a Paco Nogueiras.

Que ben o pasamos! Bailamos e cantamos sen parar, foi un concertazo!

Desfrutamos moito todos xuntos como despedida ata a volta de vacacións!

DÍA DA AUGA

O pasado venres foi o Día da Auga, antes de irnos de vacacións traballamos nas aulas sobre a importancia da mesma, así de chulos nos quedaron os traballos que fixemos!!!

      

       

       

       

Día dos Bosques do Síndrome Down

Hoxe é un dia grande, o día dos bosques e o Día da Síndrome de Down e, como é tan importante, quixemos celebralo dunha maneira especial coa xa nosa familia do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, que cada ano comparte un día con nós.

Escollemos o conto "Un bosque mágico para ti" e, a través dese conto que nos uneu, soñamos e creamos o noso bosque máxico cheo de calcetíns desparellados.

No CEE Santa María esperámosvos cos brazos abertos, grazas por compartir momentos con nós, e moitas grazas en especial ao alumnado por contarnos un conto tan bonito e á Profe Cris por facelo posible.

E recordade, A VIDA NON SE MIDE EN CROMOSOMAS, MÍDESE EN COMO SOMOS.

 

Día da Árbore

Hoxe é o Día da Árbore e dos Bosques, e non podíamos deixar pasar esta ocasión tan especial!!

A horta dos sentidos ten dende hoxe plantado un limoneiro que encherá de cor e olor a nosa horta!!!

Coidarémolo e mimarémolo moito!

Día da felicidade

O 20 de Marzo, ademais de dar comezo a primavera tamén é o Día da Felicidade!!

O alumnado de peiteado e xardinaría quixeron celebralo repartindo sorrisos polo cole!!