Blogues

Ilustramos pola paz

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca organizaron a seguinte actividade.

Hoxe conmemoramos o Día da Paz pero tamén o Día da Ilustración, é por iso que quixemos facer unha pequena homenaxe aos ILUSTRADORES GALEGOS, facendo un guiño ás súas obras relacionadas coa Paz, co Respeto e coa Convivencia, con esta exposición nun dos corredores do centro, ao que invitamos ás familias e amizades. 

Agardamos que vos guste!

Xirasois pola paz

Unha das actividades do día de hoxe para conmemorar o Día da paz, foi crear un campo de xirasois.

Ademais, plantamos en cada aula o noso e saímos a agasallar macetas con plantas a todos/as os que querían escoitar a nosa mensaxe de paz na rúa.

DÍA DOS LEGO

Onte celebrouse o día de Lego así que hoxe aprobeitamos este estupendo día de Sol para sacar a nosa mesa da biblio ao exterior e recrear figuras, un corazón, unha flor... e deixar voar a imaxinación 

 

DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Día da Educación Ambiental# As aulas 6, 8 e 9 traballaron o venres sobre o día da Educación Ambiental  e así nos ensinan algo tan importante como é coidar o noso planeta.

 

É TEMPO DE ENTROIDO

Hoxe Mini Mérida marcha de viaxe a Chantada para coñecer da man do alumnado do Ceip Xoán do Requeixo como é o entroido por alí!!!, gracias de antemán por contarnos cousas sobre o voso entroido!!!

Día da escritura a man

Hoxe é o día da escritura a man!!!, coas novas tecnoloxías a veces olvidamos a importancia que ten unha carta, unha mensaxe bonita, incluso unha soa palabra, escrita por nós pode decir moito... é por eso que Mérida quixo retarnos a escribir palabras relacionadas co noso PDI, e aínda que a moitos nos costa eso de escribir puxemos todo o noso empeño e así de chuli o fixemos!!!

#Palabras a man na horta dos Sentidos

Os pellets nas nosas costas

As aulas de Peiteado e Xardinaría, 1 e 3 estiveron traballando nun tema de moita actualidade e que nos ten verdadeiramente preocupados, xa que o coidado do noso planeta é moi importante para todos e todas, por iso, o alumnado de Programas Formativos fixo un vídeo explicativo para os seus compañeiros/as, que o viron na biblio para posteriormente aprender a limpar as praias e o noso mar, e para finalizar fixeron un mural que recrea a obra de Leandro Lamkas. 

Gran traballo rapaces, Mérida como animal mariño está moi contenta e orgullosa de vos!!!