Skip to Content

2023-24

MARÍA FUMAÇA

Moitas Grazas a familia de Ruí, por compartir con todo o alumnado do noso centro este libro tan maravilloso de María Fumaça. Iker inspirouse nel para facer uns debuxos fantásticos.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL SPECIAL OLYMPICS

Parabéns Arantxa!

Gañadora do concurso de postais de Nadal Special Olympics.


ORDES DO MECO 2024

Estamos en tempo de entroido e como todos os anos o Meco manda. 

Aquí van as ordes do Meco para a vindeira semana.

O luns comezamos.

Nos vos esquezades! Gracias por participar

Preme na imaxe para ver a que nos manda facer cada día.

PLANILLA FEBREIRO 24

Preme na imaxe para ver o documento

MENÚ FEBREIRO 2024 (FOTOS)

Preme na imaxe para ver o documento

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 24

Este martes 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e da Non Violencia. Dende o cole promovemos o camiño cara a paz, transmitimos a importancia de fomentar o compañerismo, a axuda mútua e a resolución de conflictos, aspectos que traballamos día a día. Pero o máis importante é transmitir que debemos ser felices!

 

DÍA NON LECTIVO

Preme na imaxe para ver o documento

3 DE DECEMBRO #SALADINODIVERSO

O 3 de decembro é o día para celebrar a diversidade, pero vos preguntaredes... Qué é a diversidade?

A diversidade somos todos e todas. Por iso é tan importante por o çenfase na variedade de características a e capacidades, iso que nos fai tan especiais e únicas, iso que nos fai diferentes, pero que nos une por formar parte dunha sociedade na que todos e todas aportamos.

Feliz Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional, e grazas a todo o noso alumnado por participar en todas as actividades que propoñemos e especial agradecemento a un dos nosos alumnos que nos está a axudar facen incribles animacións como a que vedes na portada deste vídeo.

#Saladinodiverso #Baixoomesmoparaugas

 

CLUB DEPORTIVO SALADINO

O CLUB DEPORTIVO SALADINO CORTIZO REMATA A TEMPADA DEPORTIVA 2023

Coa celebración das III xornadas da liga de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8 finaliza a tempada 2023.
Durante este trimestre disputouse a III e derradeiras xornadas das ligas deportivas nas que está a participara o Club Deportivo Saladino Cortizo. Como ven sendo habitual, o club deportivo do centro participa cada ano nas actividades deportivas organizadas pola FGDA. Ademais das ligas de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8, tamén participamos en xornadas puntuais ou campionatos como atletismo, cros ou natación.
Este ano participamos con dous equipos na categoría adaptada mixta cun total de 22 deportistas, onde o importante, ademais de pasalo ben e compartir momentos con outros compañeiros, é o fomento da practica de actividade física e hábitos saudables.
Destacar a vitoria do equipo A na liga de baloncesto na categoría de adaptada mixta.
Moitos parabéns para todos/as eles/elas.

 

PXA 2023-2024

 

Distribuir contido


by Dr. Radut