PRESENTACIÓN DO COLEXIO SALADINO CORTIZO CURSO 2020-21
Enviado por admin o Sáb, 01/09/2021 - 12:24Neste curso 2020-21 tan atípico non puidemos facer a PRIMEIRA XUNTANZA XERAL de familias. Unha xuntanza que sirve para que os pais e nais coñezan a todo o persoal que traballa no colexio, sexa cal sexa a nosa función, compartindo un tempo cos pais e nais dos compañeiros e compañeiras dos seus fillos e fillas, para coñecer os obxectivos que nos marcamos no presente curso e que teremos que tentar conseguir co apoio de todos e todas, para entender que na formación dos rapaces e rapazas é fundamental o traballo conxunto de toda a comunidade educativa.
Esta é esa primeira presentación do centro, onde aparecen tamen todas as adaptacións que tivemos que facer por mor do Covid-19 e que están a servir para que veñamos á escola máis seguros.
ESPERAMOS QUE VOS RESULTE DE INTERESE!
FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL
Enviado por admin o Sáb, 01/02/2021 - 22:05O Nadal é unha data moi importante no noso colexio; un día de festa no que as familias e máis nós disfrutamos coas actuacións dos rapaces e rapazas.
Este ano non se puido celebrar da mesma maneira, pero por suposto que non iamos quedar sen festa.
Queremos agradecer a colaboración de todos e todas, pois facelo supuxo un enorme esforzo.
E especialmente queremos adicarllo aos nosos rapaces e rapazas, que veñen cada día ao cole con moitísimas gañas e ilusión e co propósito de cumprir todas as normas que temos este curso, aínda que ás veces lles coste entendelas.
Para el@s e para tod@s vós, aí tendes o NOSOS FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL!
PANXOLIÑA DE NADAL 2020
1º CICLO TVA PROGRAMAS FFPB
3º PREMIO 3º PREMIO
(Brais Puertas García TVA G) (TVA SUR)
25º Certame tarxetas de Nadal 55º EdiciónCONCURSO DE BELÉNS
"SPECIAL OLYMPICS 2020" "Afundación"
RESUMO DAS ACTIVIDADES FEITAS DURANTE ESTE 1º TRIMESTRE POLO ALUMNADO DOS DOUS PROGRAMAS FORMATIVOS DE XARDINARÍA
Enviado por admin o Dom, 12/20/2020 - 19:39PREMIO DE DEBUXO COLECTIVO NO CONCURSO CÍES O PARAÍSO DE TODOS
Enviado por admin o Dom, 12/20/2020 - 19:25CONCURSO CÍES O PARAÍSO DE TODOS
A participación dos rapaces e rapazas no concurso deste ano "Cíes o paraíso de todos", tivo recompensa, gañamos o PREMIO DE DEBUXO COLECTIVO!
Cando a situación o permita, os rapaces e rapazas de Tránsito á Vida Adulta (TVA) farán unha viaxe ás Illas Cíes.
Saúl e Fran, recolleron o premio no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras.