Skip to Content

2016-17

SAMAÍN 2016

Este curso a temática global do cole é "a Arte", así que para decorar as cabazas do Samaín estivemos vendo algúnhas obras de arte coñecidas como "As meninas", cadros de Joan Miró... e saíronnos ideas bastante vistosas. Pasámolo ben maqueando as portas das aulas con monstros terroríficos, pintamos as nosas unllas con motivos horrorosos e maquillámonos e peiteámonos coa axuda das alumnas e profes perruqueiras. Na festa do Samaín houbo baile libre, actuación dos rapaces maiores acompañada con Lingua de Signos e pinchos preparados polo alumnado do Programa de Lavandaría. Foi un día moi completo!

 

ABRAÍN

Este curso 2016/17, comezamos nun centro novo, pero coas monitoras de sempre, as clases de hipoterapia. Aquí tendes as primeiras fotos do grupo de TVA acompañado de Mauro e Jairo, alumnos de 1ºE.

ANDAINAS

O pasado venres o alumnado de 2º ciclo e de TVA fixemos unha ruta de sendeirismo. Saímos a pé dende o cole e chegamos ata o Vixiador. alá merendamos e gozamos da contorna. Logo a volta fíxose máis curta porque tocaba ir cara abaixo.


sendeirismo - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Distribuir contido


by Dr. Radut