Skip to Content

2022-23

MAGOSTO 2022

Hai uns días vivimos unha das experiencias que máis nos gustan... O magosto!

Castañada, troula, música, baile e xogos populares son algunhas das cousas que puidemos desfrutar.

Algúns dos nosos compeñeiros e compañeiras ademais foron visitar aos veciños e veciñas do CEIP Carballal.

Preme e olla! 

XORNADAS DEPORTIVAS DO EQUIPO SALADINO CORTIZO.

Durante os meses de outubro e novembro disputáronse as derradeiras xornadas deportivas de baloncesto e fútbol sala pertencentes á liga que organiza a FGDA.

Durante a tempada 2022 o equipo Saladino Cortizo contou coa participación de 2 equipos mixtos na categoría adaptada. 

Podedes consultar tódolos resultados na páxina da FGDA https://www.fgda.gal/

Proximamente xogarase a xornada de fútbol 8 que se disputará nas instalación de A Madroa (Vigo). 

Pulsando sobre a foto, podedes acceder á galería de imaxes.

 

SAMAÍN 2022: O REENCONTRO

Xa rematou esa festa que tanto nos gusta... Xa sabedes, o Samaín! Pensábades que nos esquecéramos?

Para nós foi un reencontro do máis... Terrorífico! Pois puidemos recuperar o túnel do terror e a merendola todos/as xuntos/as.

Preme na imaxe para ollar o ben que o pasaron os "monstros" do noso centro... 

CONTOS DE MEDO!

Boas a tod@s!

No obradoiro de habilidades comunicativas os nosos alumn@s do ciclo de secundaria elaboraron uns contos terroríficos de Samaín.

Premede nas imaxes para pasar medo!!

                                         CONTO 2 

YO DECIDO

O 6 de outubro, o Día Mundial da Parálise Cerebral, a Confederación ASPACE puxo en marcha a campaña #YoDecido. O obxectivo desta campaña é destacar a importancia de que as persoas con parálise cerebral e necesidades de apoio tomen decisións sobre a súa propia vida. Desde o colexio elaboramos un vídeo co alumnado de TVA onde expresan algunhas decisións que toman no día a día:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut