Skip to Content

SAMAÍN 2023

Algo aconteceu este ano no Saladino... Qué medo!

Maxia? Ciencia? Qué será?

Mirade o vídeo para descubrilo...

QUÉ É O QUE MÁIS CHE GUSTA DO SALADINO?

Remata outro curso no cole e para deixar un bo recordo, o alumnado de primaria, secundaria e TVA decidiron contarnos qué é o que máis lle gusta do noso cole. Elixiron entre moitas das actividades que desenvolvemos cada curso. 

Queredes saber qué elixiron? Ollade! 

VÍDEO ESPAZOS DO CENTRO

Dende o Saladino seguimos compartindo!

Este ano, decidimos facer un vídeo que sirva de visita virtual das diferentes estancias do centro para todas aquelas persoas que visitades a nosa páxina e que nos queirades coñecer un pouco máis, ademais de coñecer os recursos e espazos cos que contamos e que empregamos co noso alumnado.

Para poder velo teredes que premer en "Espazos do centro", que se atopa no apartado "O Centro". Esperamos que vos guste :)

 

PLANILLAS SAAC

Este curso, o equipo de SAAC está a crear as planillas coas actividades, festividades, días non lectivos, de cada mes, adaptadas con pictogramas. Tédelas á vosa disposición no apartado O CENTRO >> Calendario escolar.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

DENDE O SALADINO COMPARTIMOS

Dende o CEE Saladino Cortizo temos unha nova! Hai que renovarse e que mellor forma de facelo que compartíndoo con vós. Hai pouco colgamos na páxina, na barra lateral dereita, o noso Plan Dixital co que queremos mellorar a nosa competencia dixital. Un dos nosos obxectivos é crear bancos de recursos accesibles para toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).

E disto vai esta entrada... de compartir! Na barra lateral dereita contabamos cun apartado chamado "Symbaloo", ao que lle demos unha volta. Se premedes nas diferentes pestanas dirixiravos a unha plataforma na que compartimos recursos de interese (webs educativas, xogos, materiais, portáis educativos...).

Decidimos organizar estes recursos por ciclos, accesibles para o alumnado e as familias, e logo creamos un apartado para o profesorado.

Agardamos que sexa do voso interese! :)

Distribuir contido


by Dr. Radut