Skip to Content

A MAXIA DO NADAL.

Que a Maxia do Nadal sexa un símbolo de Paz e Amor.

 

PRIMARIA E SECUNDARIA 1º TRIMESTRE

Este vídeo sintetiza tódalas experiencias que viviron os alumnos/as de Primaria e Secundaria neste primeiro trimestre. Foi un trimestre de moito traballo e moita diversión!

 

TVA: 1º TRIMESTRE

Case está a rematar o ano e con él, o 1º trimestre. Foi un trimestre cheo de experiencias, esforzo, moito traballo, pero coma sempre tamén de diversión. 

Aquí tendes só unha pequena mostra de todo o traballo feito neste trimestre, que non foi pouco! Son uns e unhas traballadores/as.

Esperamos que vos guste.

 

PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS"

Este curso o alumnado de TVA está a participar nun proxecto chamado "Protexe aos animais", no que colaboran coa protectora Os Biosbardos

Este proxecto céntrase nunha campaña de promoción da adopción e de recollida de doazóns para os animais da protectora, na que poderá participar toda a comunidade educativa.

Para isto, o proxecto comeza coa campaña de promoción da adopción, que introducimos cunha adaptación do conto "A historia de Parche" creada pola protectora, cun genially interactivo. Logo presentamos aos cans e gatos que buscan adopción e aos que teñen que axudar a atopar unha casa, e a partir de aí, o alumnado, no obradoiro de TIC, elaborou algunhas fichas con datos dalgúns animais que buscan con urxencia adopción, así como uns vídeos de promoción empregando sistemas aumentativos de comunicación que se comparten nas RRSS do noso centro.

A continuación poderedes ver o vídeo da primeira parte da campaña de promoción da adopción. No seguinte trimestre subiremos a segunda parte e, despois, continuaremos coa campaña de recollida de doazóns. Esperamos que vos guste!

 

VISITA BELÉNS E CHOCOLATADA.

Beléns, chocolate, paseo pola cidade, risa, Sol, luces, amigos...Un día con moito colorido e sabor. Os alumnos/as de Primaria e Secundaria foron de excursión!!!

 

3 DE DECEMBRO #SALADINODIVERSO

O 3 de decembro é o día para celebrar a diversidade, pero vos preguntaredes... Qué é a diversidade?

A diversidade somos todos e todas. Por iso é tan importante por o çenfase na variedade de características a e capacidades, iso que nos fai tan especiais e únicas, iso que nos fai diferentes, pero que nos une por formar parte dunha sociedade na que todos e todas aportamos.

Feliz Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional, e grazas a todo o noso alumnado por participar en todas as actividades que propoñemos e especial agradecemento a un dos nosos alumnos que nos está a axudar facen incribles animacións como a que vedes na portada deste vídeo.

#Saladinodiverso #Baixoomesmoparaugas

 

CELEBRACIÓN DO 25 N

O luns 27 de Novembro reinvindicamos o Día Interncional da Violencia de Xénero.#nonhaiexcusa.

 

MAGOSTO NO SALADINO

Celebramos o Magosto co alumnado de 5º e 6º do CEIP Carballal. Foi un día de conviencia no que ademais de comer castañas, filloas e chocolate, xogamos a diferentes xogos populares, organizados polos mestres de E. F.

Medudo día tivemos!

 

TVA VAI AO TEATRO AFUNDACIÓN 2023

A semana pasada o alumnado de TVA foi ao teatro Afundación para desfrutar do espectáculo Vaia ritmo! da man do grupo Odaiko Percussion Group, que nos deleitou cunha obra musical centrada na percusión.

Ollade o vídeo!

 

VAIA RITMO!

Unha saída con moito ritmo! Que ben o pasaron os rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria! Gozaron dos sons e luces da actuación de Vaia Ritmo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut