Novas

Música inclusiva

20/04/2021 22:27

As nenas e nenos do cole están practicando a canción "Epo i tai e". Este curso participamos no Proxecto inclusivo da Asociación cultural Zalaeta, impulsado desde as aulas de música e tecnoloxía do IES Menéndez Pidal (A Coruña).

Traballamos diversos aspectos musicais:

- O ritmo mediante pequenos esquemas rítmicos co corpo e con instrumentos de percusión de altura indeterminada.

- A expresión vocal a través do canto grupal.

- A expresión corporal a través do movemento.

Unha vez que teñamos a canción preparada, gravaremos un vídeo no que participaremos as nenas e nenos de diferentes centros.

Premede na imaxe e poderedes ver o ensaio na clase de música.

Xa veredes o ben que o pasamos!

Información: Vacacións Semana Santa

26/03/2021 12:49

Inauguración do Comedor Escolar

02/03/2021 14:49

Desde este curso 2020/2021 podemos desfrutar de comedor propio no colexio.

O 1O de setembro de 2020 foi a súa inauguración.

Xa veredes que instalacións temos e os menús dos que podemos desfrutar! 

 

Comunicación ás familias

Inicio de Curso 2020/2021

01/09/2020 22:20

Distribuir contido