Música inclusiva

20/04/2021 22:27

As nenas e nenos do cole están practicando a canción "Epo i tai e". Este curso participamos no Proxecto inclusivo da Asociación cultural Zalaeta, impulsado desde as aulas de música e tecnoloxía do IES Menéndez Pidal (A Coruña).

Traballamos diversos aspectos musicais:

- O ritmo mediante pequenos esquemas rítmicos co corpo e con instrumentos de percusión de altura indeterminada.

- A expresión vocal a través do canto grupal.

- A expresión corporal a través do movemento.

Unha vez que teñamos a canción preparada, gravaremos un vídeo no que participaremos as nenas e nenos de diferentes centros.

Premede na imaxe e poderedes ver o ensaio na clase de música.

Xa veredes o ben que o pasamos!