26/03/2022
Continuamos co traballo no noso Plan Proxecta 2021-2022 de Seguridade Vial Ecoseguriño. Estamos a tope traballando para mellorar a sinalización dos nosos camiños seguros ao cole coainestimable axuda dos Programas Formativos de Fp e de todo o cole volcado para mellorar anosa seguridade. Xa veredes canta sorpresiña temos agardando. E mentres traballamos nas aulas sobre o tema e comezamos a roda de visitas do Equipo daDXT; gran apoio!. De aquí a fin de curso visitarannos en 4 ocasións máis e onte fixérono para fixar conceptos sobre o paso de peóns. Pasámolo moi pero que moi ben! Grazas Susana e grazas Quico e vémonos o 22 de Abril para coñecer moi ben o semáforo. |
|||