Seguimos traballando...

01/11/2021

Septembro de 2021

Empezamos un novo curso, cas carretillas cheas de ilusión... Continuamos cos vellos proxectos:

-       - Proxecto da pérgola:. Partimos de aquí... e abofé que no curso 2020/21 traballamos duro:

   

Fixemos drenaxes, nivelamos cos angazos, sementamos, e logo viñeron os traballos de carpintería no xardín...

   

E traballamos tamén no mantemento do xardín, aínda que no lado esquerdo fóisenos a man co cortabordes... pero estamos aprendendo

   

Fixemos as zapatas da cimentación, zócalos en todas as columnas que logo pintamos, fixemos un seto de “potinias”, plantamos dúas plantas de vid da variedade “Blanco Lexítimo” (Betanzos) para que nos dean sombra...

 

-       - 

Horto de plantas aromáticas, culinarias e medicinais: situado ao lado da cociña do CEE María Mariño e da aula de Cociña, que é onde ten que estar un horto de este tipo

 

-      

Traballos no IES Menéndez Pidal (Zalaeta) de axardinamento, plantación de fieitos arborescentes, arces xaponeses, froiteiras tradicionáis galegas...

   

Pero estes eran os vellos proxectos que iremos mellorando e mantendo en boas condicións.

En canto aos novos proxectos para este curso destacaremos

 

-    Hortos para todos: estamos preparando uns espazos para que o resto do alumnado do noso centro poda facer as súas prácticas de horticultura, fruticultura...