Carreira ENKI

24/10/2021

Esta semana celebramos no noso cole a carreira ENKI. Esta carreira nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Aquí vos deixamos un video sobre a nosa propia versión dalgunhas das probas da carreira.