AGRADECEMENTOS

15/06/2021 11:24

Mª Luz Barreiro Garea, Directora do C.E.E. “María Mariño” en representación de toda a Comunidade Educativa teño o pracer de dirixirme a vostedes co propósito de manifestarlles o máis sincero agradecemento pola xenerosidade e sensibilidade amosada cara o noso colexio ao longo destes anos; grazas as donacións feitas polas entidades que vostedes representan:

A Fundación Amancio Ortega, polo Nadal envía como agasallo unha cesta para o alumnado; ademáis de xogos didácticos e material informático para uso escolar. 

A Fundación Paideia fixo un aporte económico, importante, para a adquisición dun Emulador de Patrón de marcha CL1 Walker que permite estimular a fase de balanceo da marcha, permitindo o avance da extremidade inferior dos alumnos/as de escasa movilidade e cadeira de rodas.

Asemade unha donación de 17 ordenadores (CPU) que fixeron posible actualizar o material informático do centro, distribuíndose nas aulas que os necesitaban.

Estas donacións supoñen un aumento dos recursos para o centro e contribúen ao desenvolvemento integral dos nosos/as alumnos/as.

En nome de toda a Comunidade Educativa, moitas grazas!