Blogues

A nosa colleita

01/10/2021

 

A colección de maceiras tradicionais galegas que empezamos a plantar no 2018 xa empeza dar unha produción respectable no que a cantidade se refire. Xa se sabe que nos primeiros anos cóstalles un pouquiño máis... salvo excepcións, que falando de plantas, sempre as hai. O primeiro ano incluso é recomendable quitalas mazás para que a maceira non gaste enerxías en formar froitos e si en fabricar raíces, polas... en estar forte nunha palabra. Destacamos as seguintes:

 -       Camoesa Real: xa moi apreciada na corte de Felipe II.

     

              

-      

Repinaldo

    

 

-       Reineta encarnada

    

 

-      

Mingán

   

 

 

 

 

 

 

Roadshow Urban de A Coruña

08/11/2021

Este curso académico 2021-2022 no noso cole imos traballar para mellorar a nosa Conciencia de Mobilidade Urbana e Sostible; levando a cabo un montón de actividades para mellorar a nosa seguridade e conciencia viaria para a seguridade e o coidado do Medio Ambiente.

Para iso contamos co Plan Proxecta que bautizamos co nome de Eco-Seguriño e que así se chamará a nosa mascota que moi pronto coñeceredes.

Na xornada escolar do venres 5 de Novembro comezamos esta viaxe coa invitación dos nosos amigos da DXT da Xefatura provincial de A Coruña; Susana e Quico (Grazas por todo!). E da súa man participamos un grupo moi numeroso de alumnado acompañado polos profes e coidadores no Roadshow Urban de A Coruña na explanada da Dársena.

Contamos con diferentes actividades alí e un montón de monitores agardándonos comezando no Motorhome cunha experiencia única de Realidade Virtual na que nos convertemos en protagonistas do futuro da mobilidade urbana.

Tamén descubrimos a CIDADE 30 mediante Realidade Aumentadadescubrindo todo o que necesitamos saber do novo modelo de cidade máis sostible e segura.

E para rematar un partidiño de tenis que nos veu moi ben para coller folgos para a volta ao cole.

Foi una experiencia moi enriquecedora para todos e todas e aprendemos un montón de cousiñas. Volvemos prontiño. Grazas! E sempre SEGURIÑOS!

 

 

CONSELLO ESCOLAR

03/11/2021 11:35

Equipo directivo:

· Barreiro Garea, Mª Luz

· Quintana Castro, Iria

· Sánchez Rodríguez, Sandra

 

Representante claustro de profesores:

· Guillamette Fernández, Mª Sofía

· Gil Docampo, Guillermo

 

Representantes Pais/Nais do alumnado:

 

 

Representante persoal de administración e servizos:

· Astray Iglesias, Mónica

SAMAÍN

29/10/2021 18:58

Hoxe no noso cole celebramos o Samaín. Durante esta semana cada grupo preparou a súa propia cabaza se Samaín coas que fixemos unha exposición e un concurso. As aulas premiadas recibiron un diploma e unhas galletas de Samaín. Tamén fixemos un contacontos e outras actividades terroríficas.

Carreira ENKI

24/10/2021

Esta semana celebramos no noso cole a carreira ENKI. Esta carreira nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Aquí vos deixamos un video sobre a nosa propia versión dalgunhas das probas da carreira.

 

MENÚ CURSO 2021-2022

04/10/2021 11:54

 

MENU CEE

2021

SETEMBRO           SETEMBRO

OUTUBRO           OUTUBRO

NOVEMBRO           NOVEMBRO

DECEMBRO           DECEMBRO

 

2022

 

XANEIRO           XANEIRO

FEBREIRO           FEBREIRO

MARZO           MARZO

ABRIL           ABRIL

MAIO           MAIO

XUÑO           XUÑO

 

Comedor Escolar- Decembro 2020

04/10/2021

Comedor Escolar- Novembro 2020

04/10/2021

Comedor Escolar- Outubro 2021

01/10/2021

Adxuntamos menu do mes de outubro.

Aberto o prazo para as axudas do MEC para alumnado con neae

15/09/2021

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (becas MEC).

As solicitudes faranse vía web a través do seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Deberán imprimirse e entregalas no centro ata o día 30 de setembro.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro, a través do teléfono 881961106.

Distribuir contido