Blogues

Deporte por partida doble: xardinería e partido de fútbol.

05/02/2024

- Seguimos a traballar en Zalaeta: esta vez ao exercicio físico propio da nosa especialidade (desherbado, plantación de photinias, arrincado e renovación de malla antiherbas, volteado de terra...), sumámoslle un partido de fútbol cos alumnos da clase de Educación Física de terceiro da ESO. Esperamos xogar en breve a revancha...

 

Ver arquivo.

 

Visita didáctica ao IES Urbano Lugrís

05/02/2024

- O pasado 30 de marzo, aproveitando o día da Paz, fixemos unha visita formativa ao IES Urbano Lugrís. En colaboración co alumnado deste centro, realizamos unha plantación de froiteiras de variedades tradcionáis galegas. Antes explicamos nunha clase práctica, como se debe plantar unha árbore.  Para rematar a xornada xogamos un partido de fútbol. Xardinería, deporte e incluisón...

Iniciamos un novo convenio de colaboración co IES Rego de Trabe

28/01/2024

- Traballamos nun proxecto de colaboración co IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña desde fai máis de catro anos... Está resultando ser unha relación enormemente satisfactoria para ambas partes, como se pode apreciar nesta páxina web... Pois temos a sorte infinita de iniciar un novo proxecto de similiares características co IES Rego de Trabe de Culleredo. O pasado xoves 25 de xaneiro realizamos a primeira xornada de traballo,  na que nos organizaron unha visita guiada polo instituto e tivemos a primeira toma de contacto co terreno do xardín no que imos traballar. Realizaremos traballos de xardinería nas súas instalacións e actividades conxuntas co alumnado do citado centro. A cousa promete...

Formación de profesorado do CEE María Mariño

28/01/2024 23:18

- A biblioteca do CEE María Mariño foi escenario esta semana de dúas iniciativas formativas para o noso profesorado. O pasado martes a nosa compañeira coordinadora do curso Polos creativos, Lucía Álvarez, impartiu unha charla introdutora ao citado curso presentando material didáctico de interese para o noso traballo docente.

- Celebramos tamén na biblioteca a primeira reunión do Curso de multiplicación de especies vexetais, na que participamos a coordinadora do CFR de A Coruña e cinco profesores da especialidade de Xardinería e Viveirismo, do CEE Terra de Ferrol, do CPI Alcalde Xosé Pichel e do CEE María Mariño. O noso obxectivo é perfeccionar os nosos coñecementos sobre técnicas de propagación (esgallado en coníferas e frondosas, fieitos arborescentes e autóctonos, musgos...) e demostrar que o noso alumnado pode intervir nos procesos produtivos dos viveiros.

 

- Temos en marcha no CEE María Mariño máis iniciativas formativas (Estimulación multisensorial, Linguaxe natural asistido e CAA...) para seguir mellorando no que máis nos gusta facer... 

Visita formativa dos programas formativos de formación profesional ao CIFP Paseo das Pontes.

28/01/2024

- Os programas formativos de formación profesional básica de Reprografía, Cociña e Lavandería realizaron, o pasado xoves 25 de xaneiro, unha visita formatativa ao CIFP Paseo das Pontes.  Visitaron as súas instalacións e realizaron actividades de inclusión con alumnado e profesorado das especialiadades relacionadas cas impartidas no noso centro.

Entrevista para a radio do IES Ramón Menéndez Pidal

28/01/2024

- Nas últimas saídas ao instituto de Zalaeta traballamos con terceiro da ESO. Esta vez fixeronnos unha entrevista para a radio sobre a nosa actividade nos hortos urbanos do patio de recreo...

ver artículo

 

- Tivemos tamén a sorte de que os alumnos de Zalaeta nos fixeran unha exposición sobre a figura de Isabel Zendal, aproveitando que o próximo 26 de febrero será o aniversario do seu nacemento

ver arquivo

Rematamos o ano cas actividades de Nadal

07/01/2024

- E rematamos o ano facendo diversas actividades sobre temática navideña: o Apalpador, carteleiras sobre nadal, actividades cos outros equipos de dinamización do centro... E como remate final, Santa Claus fíxonos unha visita!

Carteleira de educación primaria e secundaria

Cartelira para educación secundaria e formación profesional

Actvidades celebradas en colaboración con outos equipos do CEE María Mariño

- E a visita de Santa Claus:

 

 

 

 

O comic está de moda.

03/12/2023

- O que antes chamábamos TBO, foi pouco a pouco evolucionando en contido, calidade de debuxo e diálogos, temática, etc hasta o que hoxe en día chámase comic ou banda deseñada (BD). Ampliamos os nosos fondos de comics aproveitando tamén o tema do proxecto de centro de este curso, sobre A Coruña. A combinación de debuxo e literatura é unha boa forma de fomentar a afección pola lectura.

 

 

Charlas na biblioteca

03/12/2023

- Traballamos por desenvolver todas as facetas da personalidade do noso alumnado: impartironse  no espazo da biblioteca charlas sobre cyberbullying e sexualidade para os alumnos dos programas formativos de formación profesional básica e secundaria.

Esta vez non puido ser...

03/12/2023

- O ano pasado o PFFPB de Cociña acadou o primeiro premio no I Concurso de Baristas, celebrado no pazo de Goiáns (Pontevedra). No curso 2021-22 o PFFPB de Xardinería e Viveirismo acadou a medalla de bronce no I Campionato FPSkillsbasica. Neste curso presentamonos de novo ás GaliciaSkills2023, pero non puido ser esta vez... De todas formas ahí queda o esforzo dedicado a preparar as probas, e a ilusión ca que xa estamos a preparar as seguintes. Parbéns ao noso equipo.

Distribuir contido