Blogues

- Preparando o Día Internacional da Muller...

05/03/2024

- Continuamos a traballar desde a biblioteca sobre o 8M, co noso proxecto titulado  A torre violeta...

 

Traballo en equipo dos PFFPB de Cociña e Lavandería.

05/03/2024

- Recentemente celebrouse na biblioteca do CEE María Mariño unha xuntanza de directores de centros de formación. O programa formativo de formación profesional de Cociña preparou uns deliciosos petiscos, que posteriormente serviron os alumnos de Lavandería, tras preparar e decorar a mesa.

A biblioteca segue medrando...

25/02/2024

- Seguimos traballando por crear na biblioteca un lugar cálido, de acollida, no que estar a gusto para aprender... Agora, nas bancadas, rodeanos o mar, para mellor "mergullarnos" na cultura, na igualdade, no compañerismo, na inclusión, nos pequenos esforzos do día a día por ser cada vez mellores...

Acudimos á nosa visita mensual ao IES Rego de Trabe

25/02/2024

- Na visita de este mes, traballamos co alumnado do IES nos hortos urbanos. Seguimos tamén a traballar no talud de acceso ao edificio, preparando o terreno para plantar especies ornamentales na primavera. No espazo dedicado a hortos urbanos, montamos unha xardineira de madera, que transportamos desde o seu emplazamento orixinal. Agora queda seguirlle aportando sustrato e replantala de novo...

Defensores da fala...

13/02/2024

- Podedes ver a continuación algún detalle máis da actividade organizada por Zalalingua Merendas con Isabel Zandal, da que xa falamos o outro día

ver páxina web

PFFPB de Xardinería e viveirismo: resumo de actividades do primeiro trimestre.

13/02/2024

-O obxectivo do noso traballo no CEE María Mariño é integrar aos nosos alumnos e alumnas na sociedade, para que leven unha vida plena, que desenvolvan a súa personalidade. Continuando co esforzo do noso profesorado de Primaria e Secundadaria, na Formación Profesional adaptada traballamos para que esa integración teña unha compoñente laboral, para que aprendan un oficio que lles poda porporcionar algún día unha independencia económica. Tempo libre e dinero... A verdadeira libertade dunha persona está na súa vida privada. Presentamos a continuación como exemplo, un resumo dos traballos realizados por unha das especialidades de Formación Profesional, o PFFPB de Xardinería e viveirismo:

Ver traballos

 

O día da Candeloria.

13/02/2024

- O pasado 2 de febreiro celebramos o día da Candeloria. Aproveitamos esta data para compartir, cos nosos compañeiros e compañeiras do IES Ramón Menéndez Pidal, o primeiro titorial de este curso: Paxaros no xardín. Engadimos tamén o Dicionario visual asociado aos titoriales que levamos feito estes catro anos de colaboración co citado instituto. Neste dicionario imos incorporando cada ano novos conceptos que van xurdindo sobre temas agrarios (agricultura, silvicultura e gandeiría), de paisaxe, medio rural, xardinería, viveirismo... Esperamos que os gusten e sexan do voso interese...

ver Paxaros no xardín

 

Ver Dicionario visual

 

Día da Paz

07/02/2024

- Celebramos no CEE María Mariño o día da Paz con diversas actividades, que apoiamos desde a biblioteca...

 

Visita formativa dos programas de formación profesional básica ao hotel ATTICA 21

07/02/2024

- O pasado martes, os PFFPBs de Cociña e Lavandería realizaron unha visita formativa ao hotel ATTICA21, na que poideron ver de primeira man como é o funcionamento de un establecemento das características do citado hotel: cociña, servizo de habitacións, lavandería... Seguimos achegando ao noso alumnado á realidade profesional das especialidades nas que se están formando...

 

 

 

 

Participamos no proxecto REDICIR.

06/02/2024

- Este curso participamos no proxecto REDICIR ( "Rede de dixitalización da economía circular: Aplicacións no sector primario"), liderado polo IES Monte Neme de Carballo. Esta iniciativa recibíu en 2023 un  premio da Xunta polo seu valor en innovación tecnolóxica, científica e didáctica na Formación Profesional. Financiado polo citado proxecto, conseguimos este curso, entre outras cousas,  dúas cámaras de foto-trampeo, que instalaremomos nas zonas de casetas-niño e comedeiros para paxaros do noso centro. Contamos tamén cunha cámara de propagación (con temperatura e ilumnación controladas) que empregaremos para multiplicar fieitos arborescentes, autóctonos e ornamentaís en xeral. Ademáis de utilizala nas prácticas do noso alumnado, a empregaremos en breve nun curso de formación de profesorado de educación especial, na especialidade  de xardinería e viveirismo, que se está desenvolvendo.

Cámara de foto-trampeo con panel solar de carga no horto de plantas aromáticas, medicináis e culinarias

Cámara de propagación con control de tempeatura e iluminación.

 

Distribuir contido