Semana da Prensa

Durante todo o ano traballamos con xornais nas alulas, e por eso estamos moi familiarizados con este tipo de lectura.

Este ano, conmemorámo-la semana da prensa na escola, do 7 ó 11 de marzo. Esta semana, á parte de dispoñer dun número máis amplo de xornais para poder analizar e comparar na clase, tamén nos convertemos en xornalistas, e fixemos as nosas propias portadas con noticias reais do contorno.

Na galería de fotos poderedes atopar imaxes das actividades realizadas.

 

María José García Otero

Coordinadora Dinamización da Biblioteca Escolar

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer