Animación á lectura

DÍA DO LIBRO

 
Lectura colectiva conto:
 
A FAMILIA MEDROU BENVIDO A CASA TEO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Celebramos o Día do Libro 2017

O pasado día 24 de abril celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión fixemos entre todos/as a lectura de varias pasexes do Quijote.

Deste xeito quixemos honrar esta data tan importante co libro máis internacional que ten a nosa cultura.

Concurso Relatos de Samaín

Nesta semana adicada o Samaín tivemos un concurso de "Relatos Terroríficos" que foron expostos na Biblioteca polos seus autores/as.

Grupo IV expoñendo o seu relato

Coñecendo a Roald D'ahl

Coincidindo ca semana do Samaín, realizamos esta actividade de lectura dunha obra de Roald D'ahl.

Día do Libro 2016

O día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Pero, que sabemos sobre este día? Mónica, Elisabeth, Adrián F., Nati e Nando encargárnose de explicarnos en que consiste esta celebración mundial... E que ben explicado! Incluso empregaron títeres!

Despois un contacontos, do que tamén se encargaros os alumnos/as maiores do centro, coma sempre, en galego, castelán e inglés.

Decorámo-la biblioteca con frases célebres sobros os libros e a lectura.

E tamén, como non, a nosa exposición de libros, que este ano estivo relacionada cos alimentos, xa que é o tema de interés que nos ocupa neste curso 2015-16

Semana da Prensa

Durante todo o ano traballamos con xornais nas alulas, e por eso estamos moi familiarizados con este tipo de lectura.

Este ano, conmemorámo-la semana da prensa na escola, do 7 ó 11 de marzo. Esta semana, á parte de dispoñer dun número máis amplo de xornais para poder analizar e comparar na clase, tamén nos convertemos en xornalistas, e fixemos as nosas propias portadas con noticias reais do contorno.

Na galería de fotos poderedes atopar imaxes das actividades realizadas.

 

María José García Otero

Coordinadora Dinamización da Biblioteca Escolar

Contos para Celebrar a Constitución

Coincidindo ca celebración do Día da Constitución, o pasado día 9 de decembro celebramos na nosa Biblioteca un contacontos no cal destacamos algúns dos dereitos que se recollen na Carta Magna.

Alumnos e alumnas do CEE Infanta Elena leeron e interpretaron varias narracións como foron:

  • Caperuchiña Vermella: Dereito á Educación
  • O Patiño Feo: Dereito á Igualdade
  • O Soldadiño de Chumbo:Dereito a
  • Os Tres Porquiños: Dereito a unha Vivenda
  • Hansen y Gretel: Dereito a unha Familia

Semana do Libro 2015

Durante a seman do 20 a 24 de abril, celebramos a Semana do Libro no CEE Infanta Elena.

O luns día 20 tivemos unha presentación sobre a figura de Miguel de Cervantes feita polo noso compañeiro Adrián R.F. Seguidamente tivemos unha lectura continuada do "Quijote".

O xoves día 23 "Día do Libro" realizmos un contacontos presentado e dirixido pola nosa compañeira Nati. Neste contacontos participaron distintos alumnos e alumnas do centro, indivual ou colectivamente. Tamén contamos coa colaboración de persoal do Infanta Elena.

Para rematar a semana, o venres día 24 de abril, degustamos un menú especial "El Quijote" con productos e preparación típica da Mancha: Nuéganos, duelos e quebrantos, salpicón de carne...

Deste xeito rematamo esta intensa semana adicada ao Libro.

Semana da Prensa

Durante a semana do día 13 ao 17 de abril, celebramos a Semana do Prensa no noso centro. Entre outras actividades tivemos a lectura de distintos xornais importantes como son El Progreso, La Voza de Galicia, El Mundo e El País.

Tamén fixemos activides cos xornáis con motivo desta celebración. Algunhas delas foron facer unh pé de foto para unha nova escollida e chamativa nesa xornada.

Finalizamos esta Semana da Prensa ca visita de Carlos Cortés, xornalita da Voz de Galicia, co cal tivemos unha velada intensa en canto a aprendizaxes e tamén coñecendo a súa labor na redacción de novas da Comarca de Lemos para este diario.

Biblioteca 2013-14

E Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar segue realizando distintas actividades ao longo do curso, encamiñadas a potenciar a lectura no noso Centro.

Tamén conta ca colaboración de distintos alumnos e alumnas para o desenvolvemento destas actividades.

Powered by Drupal - Design by artinet