Audición e Linguaxe

Curso 2019-2020

Neste curso os especialista de Audición e Linguaxe son:

  1. Tania Taboada Arias
  2. Ana María Ballón Marey

Ata aquí chegamos

Chegado este 23 de xuño de 2017, péchase esta etapa para min, como mestre de Audición e Linguaxe, no CEE Infanta Elena.

Atrás queda aquel día 1 de setembro de 2009 cando entraba por primeira vez no Centro. Días máis tarde puiden coñecer ós alumnos/as cos cal tiven unha chea de momentos inolvidables.

Quérome lembrar de todos e todas cos que traballei. Non os vou nomear porque seguro me esquencería de algúen.

Pero quero citar a un, a ese alumno polo cal tiven a comisión e polo tanto a posibilidade de estar estes OITO curso no Infanta. El é Ismael, o meu compañeiro de viaxe neste traxecto, aquel que sempre me lembraba cando tiña que actualizar a páxina web, facer fotos e fotos, gardalas no disco duro "cocó", metelas na revista... Coñecino sendo un neno e hoxe queda un home feito. Lembrareite Ismael!!

Algún día, cando vexa esta sección, pediravos que alguén lla lea. Facédello saber.

Derradeira instantánea que fixemos xuntos

Ismael fai preguntas co seu comunicador

Isma levou, para a actividade "Lembrando a Cervantes e ó VII Conde de Lemos", o seu comunidador para facer unhas cantas preguntas ó guía chamdo Xosé. Así poidemos saber se Cervantes estivo algunha vez en Monforte, se era amigo do VII Conde de Lemos ou se o Conde de Lemos axudaba económicamente ós escritores da época.

Curso 2014-15

Comenzamos un anos máis cheos de ilusión e con moitas ganas de traballar e mellorar no tocante á nosa competencia comunicativa.

Na nosa aula específica de Audición e Linguaxe traballaremos intensamente con catro alumnos do centro, e tamén prestaremos atención a outr@s 12 alumn@s do centro e a 2 de escolarización combinada.

Un ano máis contamos con dous mestres especialistas en Audición e Linguaxe, os que se encargan de desenvolver o traballo establecido nos programas de intervención individualizados.

Curso 2013-2014

Comenzamos o curso 2013-2014 con novos retos e ilusións dentro de Departamento de Audición e Linguaxe. Nesta primerira etapa acompañounos no noso traballo diario "Nerea", unha alumna do Grado de Maxisterio que estivo a realizar o Practicum no noso Centro dende o 16 de setembro ata o 30 de outubro.

Ismael en representación de todos/as os/as alumnos/as do centro, móstrase agradecido pola traballo realizado por Nerea.


Curso 2012-2013

Continuamos traballando distintos aspectos da comunicación e a linguaxe co noso alumnado. Como S.A.A.C. estamos a utilizar o bimodal e tamén comunicadores con imaxes.

Nas seguintes imaxes podedes observar distinas actividades que realizamos no noso día a día.

 

DEDICADO A CARLOS

HOY HE DIBUJADO ESTA IMAGEN DE MI AMIGO CARLOS. SE LO DEDICO POR HABER CUMPLIDO 17 AÑOS.

CARLOS Y ISMAEL  17 14

 


 

Comunicador Persoal Adaptado para Ismael

Presentámosvos o novo Comunicador Persoal Adaptado que estamos a utilizar con Ismael.

Ímolo adaptando pouco a pouca ás súas necesidades comunicativos, como un xeito de interrelación cos seus iguáis.

Ismael este moi contento con este novo Sistema Alternativo e Aumentativo de Comunicación que se está a introducir no seu día a día.

Nestas fotos podedes ver o noso aparello.

 

 


 


 


Un novo SAAC para Isma.

Estamos a introducir un novo Sistema Alternativo e Aumentativo de Comunicación para Ismael. A través dunha tablet con sistema Androit, adaptamos un programa con pictogramas e saída de voz, co que a partir de agora Isma se comunicará cos seu entorno máis próximo.

E como a Isma lle encantan as fotos amosámosvos o ben que se desenvolve diante dunha cámara fotográfica.

 


Traballando o Outono co SAAC Bimodal

Con I. estamos a traballar a comunicación mediante o SAAC Bimodal.

Nesta ocasión podedes ver como I. elaborou un mural con pictogramas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet