Grupo P.F.B (Restauración)

PRESENTACIÓN: UN RECETARIO MOI DOCE

O alumnado do Programa Formativo de Restauración en colaboración co Equipo de Biblioteca e o EDLG presentou no salón de actos “UN RECETARIO MOI DOCE”.

Levan todo o curso preparando este libro composto por 50 receitas e o equipo de Biblioteca propuxo presentalo para conmemorar o Día do Libro 2024.

Algúns destes postres xa os degustamos a longo do curso nas diversas consumicións que elaboran diariamente para o persoal do centro como a torta de piña ou as orellas no Entroido.

Eles e elas mesmos encargáronse de todo o proceso: seleccionar, recopilar e editar este 1º recetario. Empregaron recursos como Canva para editar, as TIC para pescudar información e algún libriño da biblioteca do apartado de Aliméntate Ben. 

Na presentación contaron o proceso de creación e elaboración e responderon ás preguntas do público asistente ao fin do acto. 

Os asistentes solicitaron un exemplar. De momento o 1º recetario está a disposición de quen queira velo ou levalo en préstamo na biblioteca escolar do centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer