PROGRAMA DE FORMACIÓN DEL PROFESORADO

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES

 

Na xornada do 29 de Marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela desenvolveuse a Xornada sobre Competencias Profesionais Docentes.

Case 1.200 docentes entre eles a nosa coordinadora de formación, Miriam, acudiron en quenda de 9:00 da mañá a 18:45 da tarde para a presentación do novo Modelo de Competencias Profesionais Docentes que impulsa a Xunta de Galicia.

O programa da xornada estivo dividido en 2 partes ben diferenciadas:

- En quenda de mañá o marco teórico.

- En quenda de tarde as experiencias de diferentes centros da nosa comunidade autónoma. 

Finalizando cunha mesa redonda sobre a situación dos modelos de Competencias Profesionais Docentes con experiencias en centros de  Portugal, Castela León, Escocia, entre outros. 

 

CLICADE NA IMAXE PARA VER A PUBLICACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer