Gallego

WebQuest: O maltrato entre o alumnado. Bullying

O bullying é un fenómeno grave que atenta contra a convivencia nos centros. Está en todas as formas de discriminación, persecución, acoso, exclusión, etc. e en todas as manifestación de racismo, xenofobia, homofobia e outros fenómenos baseados na intolerancia, na exclusión social e no abuso de poder. Aquí podedes descubrir que é o bullying e as medidas e estratexias para paralo ou previlo.

Gallego
O maltrato entre o alumnado

Sección: 

Dinámicas de grupo

Recursos para traballar na titoría a dinámica de grupos na aula. As actividades están deseñadas para o traballo dentro dun grupo, co fin darse a coñecer, mellorar as súas relacións e analizar as dificultades.

  • Dinámicas para coñecerse.
  • Dinámicas para buscar o consenso.
  • Dinámicas para resolver de conflitos.
  • Dinámicas para cohesionar e fortalecer as relacións do grupo.
Gallego
Dinámicas de grupo

Sección: 

Convocatorias

Gallego

Nesta sección poderá acceder ás convocatorias que permitan deseñar e desenvolver proxectos encamiñados a promover unha cultura de paz e non violencia, nos que o principal obxectivo sexa que o alumnado adquira as capacidades básicas para previr e resolver pacificamente os conflitos e convivir en paz.

O Plan de convivencia do centro educativo

Gallego

O Decreto 8/2015 dedica a sección 1ª do capitulo II, do título II o plan de convivencia, indicando que é o documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do modelo de convivencia que se pretende implantar, os obxectivos específicos que cómpre alcanzar, as normas que a regulan e as actuacións que se deben realizar neste ámbito para a consecución dos obxectivos proxectados. En definitiva, é un proxecto de reflexión e pensamento en que se sinalan as liñas de actuación para a mellora da convi­vencia no centro docente.

Plan de convivencia escolar

Observatorio da convivencia escolar a nivel provincial

Coordinará as actuacións relacionadas coa mellora da convivencia no ámbito da provincia. É o segundo nivel no que se organiza o Observatorio Galego da Convivencia Escolar.

  • A Coruña
  • Lugo
  • Ourense
  • Pontevedra

Quen o forma?
PRESIDENCIA: xefe/a territorial da Consellería de Educación.
VICEPRESIDENCIA: inspector/a  xefe/a do Servizo Provincial da Inspección Educativa.
TITULARES:

  • Delegado/a territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou persoa en quen delegue.
  • Xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar ou persoa en quen delegue.
  • Xefe/a territorial da Consellería de Sanidade ou persoa en quen delegue.
  • A persoa especialista en trastornos de conduta do Equipo de Orientación Específico da provincia.
  • Un representante dos centros de formación e recursos da provincia.
  • Un representante da Xunta Provincial de Directores/as.
  • Un representante da Federación Galega de Municipios e Provincias.
  • Un/ha funcionario/a designado pola Xefatura Provincial de Educación, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

Cales son as súas funcións?

  1. A elaboración dun informe semestral en que se recolla a análise da convivencia e conflitividade do ámbito da súa provincia, así como as iniciativas provinciais, que será trasladado ao Observatorio da Convivencia Escolar a nivel autonómico.
  2. A coordinación de actuacións conxuntas das consellerías implicadas e relacionadas coa mellora da convivencia no ámbito da provincia.
  3. Aqueloutras que lle sexan encomendadas pola Administración educativa ou polo Pleno do Observatorio Autonómico da Convivencia Escolar.

 

Gallego

Observatorio da convivencia escolar a nivel autonómico

Gallego

É o primeiro nivel no que se organiza o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. Funcionará en pleno, en comisión permanente e poderanse crear mesas técnicas de traballo.

Quen o forma?

  • 24 integrantes representativos dos diferentes sectores implicados (consellerías, clta inspección, Federación Galega de Municipios e Provincias, Xunta Autonómica de Directores/as de Centros Educativos, patronal dos centros privados concertados, asociacións de alumando, asociacións de pais e de nais, centrais sindicais, expertos/as...).
  • Funcionará en pleno e en comisión.
  • Posibilidade de creación de mesas técnicas cando sexan necesarias.
  • Recibirá información dos observatorios provinciais e dos creados nos centros educativos.

Cales son as súas funcións?

  • Avaliar a convivencia escolar.
  • Propoñerlle iniciativas de mellora do clima escolar á Administración educativa e realizar o seguimento e a avaliación destas.
  • Informar e asesorar as Administracións sobre aspectos normativos relacionados coa convivencia e coa súa mellora.
  • Propoñer liñas de actuación na formación do profesorado.
  • Asesorar a toda a comunidade educativa.