Gallego

XIIIª edición do Concurso de Proxectos de Educación Viaria no ámbito escolar para o curso escolar 2011/2012

A DGT convoca o Concurso de Proxectos de Educación Viaria co obxectivo de potenciala nos proxectos educativos dos centros escolares na Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, dentro do ámbito estatal, para o curso escolar 2011/2012.

Prazo de presentación: Mediante ficha de inscrición ata o 30 de Maio de 2012.

Premios: Da totalidade dos traballos presentados, serán seleccionados seis, aos que se lles concederán as seguintes cantidades:

  • Tres  premios de 4000€.
  • Tres accésits de 2000€.     

 

 

Gallego
DGT

Sección: 

Décimo primeira edición do concurso de teatro da Dirección Xeral de Tráfico para o curso 2011/2012

A DGT convoca o XI edición do concurso de teatro 2011/2012 co obxectivo de que a Educación Viaria estea presente dentro dos programas educativos e actividades formativas das persoas con discapacidade.
Poderán participar no concurso mediante unha ficha de inscrición:

  • Centros de Educación Especial.
  • Centros Ocupacionais.
  • Asociacións, Grupos de Ocio, Entidades e Institucións dedicadas á atención de persoas con discapacidade.

Prazo de presentación: Ata o 30 de xuño de 2012.

Premios:

  • 1º premio: 6.000 euros
  • 2º premio: 3.000 euros
  • 3º premio:  2.000 euros
  • 3 accésits de 1.000 euros
     

 

 

Gallego
Premio de teatro da DGT

Sección: 

I Ciclo de conferencias “A música no memoria”

Iníciase o xoves 15 de decembro de 2011 o primeiro ciclo “A música no memoria” no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela ás 20:00 na biblioteca do centro co acto Aula aberta coa profesora Dna. Dorothé Schubart. A música galega de Nadal.
Outros actos previstos neste ciclo son:

A investigación e edición de partituras de Arquivos de Banda
Profesor D. Javier Jurado
Luns 19 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca

A vida musical en Santiago a finais do século XIX.
Profesor D. Miguel A. López Fariña
Luns 13 de febreiro ás 18:00 horas na Biblioteca
 

Gallego
Ensinanzas de Música

Sección: 

Resolución dos premios a materiais educativos en soporte electrónico, aptos para uso e difusión en Internet

Resolución de 18 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se conceden premios a materiais educativos en soporte electrónico, aptos para uso e difusión en Internet.

 

 

 

 

Gallego
BOE

Sección: 

A21EG organiza a CONFINT-Galicia en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro

Os 42 centros participantes na Axenda 21 escolar de Galicia (A21EG)  estarán representados na Conferencia Infantil para o Coidado do Planeta (CONFINT-Galicia).

A CONFINT é unha campaña pedagóxica internacional dirixida á comunidade escolar de entre 12 e 15 anos, que ten por obxectivos:

  • Empoderar a opinión dos mozos e mozas de todo o mundo sobre o necesario coidado do planeta.
  • Promover a responsabilidades individuais e colectivas nunha dinámica de reflexión-acción.
  • Contribuír ao fortalecemento da Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible (UNESCO).
Gallego
Axenda 21 Escolar de Galicia

Sección: 

Convocatoria do programa RetoAlcoa

A Fundación Alcoa e a Fundación Junior Achievement España no seu labor formativo e social no ámbito do emprendemento, pon en marcha, por décimo ano consecutivo, o programa RetoAlcoa; un  programa de emprendemento para mozos e mozas.
O programa RetoAlcoa:

  • Vai dirixido ao alumnado de 4ª ESO, de bacharelato e de ciclos formativos de formación profesional. Idade máxima permitida 24 anos.
  • Poderán participar todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o que se han de rexistrar na web do programa.
  • O período de inscrición finaliza o 15 decembro ás 18:00 horas.
  • O programa consiste na participación en grupos de 2 ou 3 alumnos ou alumnas, que exercerán como directivos das súas propias empresas simuladas e como responsables de estas, terán que buscar o seu máximo beneficio. Deberán tomar 5 decisións básicas sobre o produto da súa empresa.
  • O programa comeza o 15 de decembro de 2011 e finaliza o 27 de abril de 2012, cunha final presencial en Madrid á que accederán os 8 mellores equipos das comunidades autónomas nas que a empresa Alcoa ten algunha planta (Galicia, Asturias, Valencia e País Vasco). Os finalistas terán subvencionado a hospedaxe e a viaxe (3 noites de estancia en hotel).
  • Os tres equipos gañadores recibirán como premios: mini-portátiles, IPod e cámaras dixitais.
Gallego
RetoAlcoa

Sección: 

Probas dos premios nacionais de bacharelato do curso 2010/2011

Anunciase o lugar e data de realización das probas dos premios nacionais de bacharelato do curso 2010/2011 na comunidade autónoma de Galicia, así como as instrucións para a súa realización publicadas polo Ministerio de Educación.
As probas celebraranse no IES de Sar (Santiago de Compostela) o día 21 de decembro de 2011, co seguinte horario:
a. 1º exercicio ………………… de 10:00h a 12:00h
b. 2º exercicio ………………... de 12:30h a 13:30h

 

Gallego
Ministerio de Educación

Sección: 

Resolución do concurso nacional de boas prácticas para o impulso e mellora da convivencia 2010/2011

Resolución de 22 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve o concurso nacional de boas prácticas para o impulso e mellora da convivencia, para o curso escolar 2010/2011, convocado por Resolución de 17 de marzo de 2011.

 

 

 

Gallego
BOE

Sección: 

Tres centros galegos acadan unha mención honorífica nos Premios IRENE 2011

Acaba de comunicarse a resolución dos "Premios IRENE: la paz empieza en casa" 2011 pola que o IES de Chapela (Redondela – Pontevedra), co seu proxecto “Non sempre é azul o mar, nin a vida de cor de rosa”, o CEIP Centieiras (Fene - A Coruña), co traballo “Introdución transversal do principio de igualdade e rexeitamento da violencia de xénero no CEIP Centieiras”, e o IES A Xunqueira I de Pontevedra, cun proxecto titulado “Mellorando a convivencia entre iguais”, acadaron mencións honoríficas neste certame.
Estes premios están dirixidos a colaborar, desde o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.

 

 

Gallego
IFFIE

Sección: 

Parlamento Xove 2012

Está aberto o prazo de inscrición de grupos de debate dos centros educativos de Galicia na edición de 2012 do Parlamento Xove. Pódense consultar as bases, o regulamento e toda a información relativa a este concurso na súa páxina oficial.
Os equipos interesados en participar na Edición 2012 de Parlamento Xove deberán comunicar primeiramente a súa intención de inscribirse, por vía telefónica nos teléfonos 981544854, 981545822, 981545702, 981541689 ata o 31 de xaneiro de 2012. Unha vez adxudicado ao centro unha ou dúas das 32 prazas, este deberá enviar por correo certificado o Formulario de inscrición antes do remate do prazo.

 

 

 

Gallego
Parlamento Xove 2012

Sección: