A Consellería de Cultura e Educación adxudica a redacción do proxecto do novo IES de Culleredo, que suporá un investimento de máis de 4,5 millóns de euros

O centro poderá dar servizo a 480 alumnas e alumnos

Desta forma o departamento educativo da Xunta de Galicia amosa o seu compromiso co ensino público, malia á crise, dando reposta ás demandas de localidades nas que a poboación escolar está en crecemento

Ven, 28/06/2013 - 15:16

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de adxudicar a redacción do proxecto básico e de execución do novo IES de Culleredo, un novo centro que suporá un investimento de máis de 4,5 millóns de euros por parte do Goberno galego. A empresa adxudicataria é NAOS 04 ARQUITECTOS, SLP, e o importe da adxudicación ascende a 70.180 €.

Desta forma o departamento educativo da Xunta amosa o seu compromiso co ensino público, dando reposta ás demandas de localidades nas que a poboación escolar está en crecemento. Cómpre salientar ademais o esforzo que un proxecto destas características supón no actual contexto de crise económica, no que o investimento en obra nova para centros educativos está a ser excepcional no resto das Comunidades Autónomas.

O centro poderá dar servizo a 480 alumnas e alumnos, cubrindo as necesidades do municipio, para o que contará con 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.