Cultura e Educación e mais as tres universidades galegas coordinan accións conxuntas de fomento do uso do galego no ensino superior

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, da que forma parte a Consellería de Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe en Vigo para definir novas actuacións dinamizadoras dirixidas ao ámbito universitario

Á xuntanza asistiu o secretario xeral de Política Lingüística

Mér, 19/06/2013 - 14:12
Á xuntanza, na que participou Valentín García, asistiu tamén o reitor da Univers
Á xuntanza, na que participou Valentín García, asistiu tamén o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Salustiano Mato, así como os responsables respectivos servizos lingüísticos das tres universidades de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe en Vigo na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que está representada a través dos responsables das secretarias xerais de Política Lingüística e de Universidades.

Á xuntanza, na que participou Valentín García, asistiu tamén o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Salustiano Mato, así como os responsables respectivos servizos lingüísticos das tres universidades de Galicia.

Avanzar conxuntamente en prol do idioma

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística ten como principal cometido definir as liñas políticas de actuación na comunidade universitaria galega en materia de política lingüística, para o que se acordan pautas de actuación conxuntas en prol do fomento uso do galego no ámbito universitario.

O encontro de hoxe centrouse no seguimento e na continuidade das accións desenvolvidas no ano en curso, dentro das que se inclúen un informe sobre a valoración do uso da lingua galega na investigación e na docencia, a convocatoria de axudas á interpretación ao galego en simposios e congresos de carácter científicio organizados desde as universidades, a edición de manuais en galego para os primeiros cursos dos graos ou a análise do Proxecto Galeguizador para o Windows.

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística pasará a coordinarse desde o inicio do vindeiro curso 2013/2014 desde a Universidade de Santiago de Compostela, logo de concluír a UVigo o período de coordinación bianual rotatorio estipulado no acordo de creación da devandita Comisión.

Dinamización da lingua propia desde as universidades

 A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística intégrana a Xunta de Galicia e mais as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Foi creada en 2009 para darlle cumprimento á medida dirixida á área do ensino que no marco do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004, propoñía a creación dunha ‘comisión estable’ que asumise a planificación e a coordinación da política lingüística universitaria en Galicia prevendo a participación nela das tres universidades galegas e mais da Administración autonómica.

Menús News node R

Colectivo

Ensinanza