A Consellería de Cultura e Educación mellorará a cuberta do CEIP Serra-Vincios e o sistema de calefacción do Chano Piñeiro en Gondomar
Desta forma a Consellería confirma o seu compromiso coa mellora das instalacións dos centros educativos públicos, malia grave crise económica
O xefe territorial de Cultura e Educación en Vigo, César Pérez Ares, recibiu esta mañá ao alcalde da localidade para anunciarlle estas obras
O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, co obxectivo de analizar as obras que se van a executar este ano nos centros do municipio. No transcurso do encontro o xefe territorial de Educación avanzou o investimento de case 48.000 euros para a reparación do CEIP Serra-Vincios así como para a reforma da calefacción do CEIP Chano Piñeiro, obras que se executarán ao longo dos próximos meses de verano. Desta forma a Consellería de Cultura e Educación confirma o seu compromiso coa mellora das instalacións dos centros educativos públicos, malia grave crise económica.
Na reunión estiveron tamén presentes o concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, e a concelleira de Educación, Paula Bouzós.
Inversións na localidade
“Continuamos a colaborar con este municipio de cara á mellora dos centros educativos”, asegurou Pérez Ares, destacando que dende 2009 investíronse en Gondomar máis de 300.000 euros en diversas obras de reforma e reparación en Primaria e Secundaria.
“Ademais, tamén recollemos a demanda do municipio en relación a desafectación de varios edificios educativos”, explicou o xefe territorial. Neste senso, o alcalde da localidade, Fernando Guitián trasladou a Pérez Ares a solicitude de desafectación da casa do conserxe do colexio Dona e tamén a desafectación do colexio de Prado. “O noso obxectivo é con estes centros póidase atender ás solicitudes e demandas das asociacións de interese social e cultural do concello”, engadiu o rexedor.
Guitián anunciou, ademais, que nos próximos días, acompañado por Pérez Ares, reunirase co Secretario Xeral de Educación en Santiago para a firma do convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello de cara a posta en funcionamento dos comedores escolares de Gondomar.
Finalmente, durante o encontro celebrado esta mañá, tamén se falou sobre cuestións do ámbito cultural. En concreto, o alcalde de Gondomar deu traslado ao xefe territorial da preocupación do municipio polas necesidades de mellora do Auditorio e de colaboración económica do seu plan cultural.