A Consellería de Cultura e Educación visitará a vindeira semana os terreos previstos polo Concello de Lugo para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón

O secretario xeral técnico reunirase con representantes do Concello para coñecer os avances nas modificacións urbanísticas que permitan que a parcela sexa empregada como equipamento público

Mér, 05/06/2013 - 19:30

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, visitará a vindeira semana os terreos previstos polo Concello de Lugo para a construción do novo edificio do CEIP Sagrado Corazón, da cidade da Muralla. Deste xeito dáse cumprimento ao compromiso formulado o pasado mes de abril nunha reunión co alcalde, Xosé Clemente López Orozco, que ata o momento non se puido concretar por motivos de axenda.

Na súa visita á parcela o secretario xeral técnico estará acompañado polo xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo; e pola xefa de servizo de supervisión de proxectos, Ana Soutelo. Ademais, aproveitarase para coñecer dos representantes do Concello lucense os avances realizados nas modificacións urbanísticas para que estes terreos sexan susceptibles de ser empregados como equipamento público.

Menús News node R