Representantes da Consellería de Cultura e Educación reúnense co viceconselleiro de Cultura do País Vasco

Lun, 27/05/2013 - 19:28
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, co viceconselleiro de Cultura, Xuventude e Deportes do País Vasco, José Ángel María Muñoz Otaegi

Xunta de Galicia e o Goberno do País Vasco puxeron hoxe en común as principais liñas de actuación que están a desenvolver en materia de cultura. Fixérono no marco da reunión que mantiveron esta tarde o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, co viceconselleiro de Cultura, Xuventude e Deportes do País Vasco, José Ángel María Muñoz Otaegi.

Nunha xuntanza de traballo que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, os representantes da Consellería de Cultura e Educación e o viceconselleiro abordaron as iniciativas que ambos os gobernos están a impulsar a través dos seus respectivos departamentos vinculados coa cultura e valoraron, así mesmo, posibles vías de colaboración nesta materia.

Pola mañá, José Ángel María Muñoz participou na inauguración de Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, a nova exposición do Museo Centro Gaiás.

 

 

 

Menús News node R

Departamento

Tema