Ampliado o prazo de presentación na convocatoria do premio de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!

Xov, 21/03/2013 - 15:00

Xúntase a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación pola que se amplia o prazo de presentación previsto no artigo 7 da convocatoria do premio de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!, en centros de educación infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no curso académico 2012/2013.

  • Adíase o prazo de presentación de curtas ao 15 de maio de 2013.