Cultura e Educación mantén o seu apoio aos estudantes do Sistema Universitario de Galicia e premia o seu esforzo coa convocatoria dos premios fin de carreira

A Consellería destina 150.000 euros a estes galardóns, que reafirman a aposta da Xunta pola cultura do esforzo e recoñecen a excelencia do alumnado que rematou os seus estudos no curso 2011/2012

Ven, 01/03/2013 - 12:34
Cultura e Educación mantén o seu apoio aos estudantes do Sistema Universitario d
Cultura e Educación mantén o seu apoio aos estudantes do Sistema Universitario de Galicia e premia o seu esforzo coa convocatoria dos premios fin de carreira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2012, uns galardóns que recoñecen o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. A convocatoria, que conta ao igual que o ano pasado cun orzamento de 150.000 euros, vén a reiterar o compromiso e o apoio do departamento educativo da Xunta de Galicia cos estudantes que se formaron no noso sistema universitario e que, grazas ao seu esforzo, contribúen ao avance da sociedade galega. Trátase, ademais, dunha importancia asistencia económica de 2.500 euros para cada beneficiario, no marco das inciativas que a Consellería desenvolve para favorecer a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

Nesta convocatoria, por segundo ano consecutivo, a solicitude poderá realizarse de xeito telemático, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.es , tal e como se sinala na orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), en cumprimento do compromiso de avanzar nos procesos da administración electrónico a servizo da cidadanía. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. Desde a primeira convocatoria no curso 1990-1991, en que 17 alumnos recibiron os premios ata o pasado curso académico obtiveron este recoñecemento un total de 877 titulados do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Destinatarios

A convocatoria vai dirixida a ao alumnado que no curso 2011/2012 rematara os seus estudos conducentes aos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, que foran cursado de forma íntegra nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Para seren beneficiarios dos premios os candidatos deberán ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Os detalles da convocatoria poden consultarse no DOG de hoxe 1 de marzo.

Menús News node R