Cultura e Educación apoia o fomento da lectura na comunidade educativa a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O director xeral de Centros e Recursos Humanos comprobouno en centros de diversos concellos pontevedreses pertencentes a dito proxecto incluído no Plan LÍA 2010/2015

Mar, 09/10/2012 - 15:16
O director xeral de Centros e Recursos Humanos comprobouno en centros de diverso
O director xeral de Centros e Recursos Humanos comprobouno en centros de diversos concellos pontevedreses pertencentes a dito proxecto incluído no Plan LÍA 2010/2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia as labores a prol do fomento da lectura desenvolvidas polos centros educativos galegos, a través de diferentes actuacións realizadas nas bibliotecas escolares. Unha labor reforzada coa inclusión destes espazos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), enmarcado no Plan LÍA 2010/2015. Así o comprobou hoxe pola maña o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería, José Manuel Pinal, que visitou hoxe bibliotecas en centros dos concellos de Moaña, Cangas e Bueu, nos que a Consellería xa leva investidos máis de 70.000 euros a través do Plambe.

Durante os percorridos o representante da Consellería destacou o traballo realizado nas bibliotecas escolares dalgúns dos centros destes concellos pontevedreses, un traballo que achega aos máis novos aos diferentes recursos que se albergan nestes espazos – bibliográficos, tecnolóxicos, etc-, e que lles ensina a utilizalos como ferramentas para o estudo, o ocio e o coñecemento. Neste sentido a Xunta lembra que o bo facer das comunidades educativas destes centros válelles a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), que ten como obxectivo agrupar as iniciativas da Consellería, dirixida por Vázquez Abad, en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura como medio de potenciar o éxito escolar.

Centros do Morrazo

Así a primeira hora estivo en Moaña, onde os colexios están a percibir preto de 24.000 euros da Consellería enmarcados no Plambe. Acompañado polo xefe territorial de Educación en Pontevedra o director xeral de Centros compartiu impresións cos equipos dos CEIP A Guía e o IES As Barxas, e recordou que o primeiro deles pertence desde o presente curso ao plan de bibliotecas.

Posteriormente ambos representantes educativos desprazáronse ata o concello de Cangas estiveron no CEIP Nazaret en Bueu nos CEIP A Pedra e Torres Cela respectivamente. Ambas localidades perciben máis de 46.000 através do Plambe para a mellora e reposición de fondos bibliotecarios.

Os recursos da biblioteca, unha ferramenta habitual

Precisamente grazas a participación no PLAMBE estes centros contan con fondos para mellorar os fondos e as instalacións bibliotecarias, e que comprenden tanto libros como DVDs, música ou recursos dixitais e que, grazas ao labor desenvolvido nas bibliotecas, pasan a ser ferramentas de uso habitual para o alumnado, tanto para a súa información, como para o seu uso como manual de estudio, lectura de lecer, etc.