O conselleiro de Cultura e Educación percorre as instalacións do CEIP do Bolo, en Ourense

Xesús Vázquez Abad recordou que este ano hai prazas de comedor para preto de 69.000 escolares

Ven, 21/09/2012 - 12:00
O conselleiro de Cultura e Educación percorre as instalacións do CEIP do Bolo, e
O conselleiro de Cultura e Educación percorre as instalacións do CEIP do Bolo, en Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, percorreu hoxe as instalacións do CEIP do Bolo en Ourense, no que este ano comezaron o curso máis de 30 alumnas e alumnos que dipoñen de comedor escolar.

Durante o percorrido, no que estivo acompañado polo director do centro, Emilio Manuel González, e a xefa territorial de Ourense, Mercedes Gallego, o conselleiro recordoulles que este ano o servizo de comedor escolar chega a preto de 69.000 escolares, cun incremento de 3.000 prazas con respecto do curso pasado.

Vázquez Abad continua continúa deste xeito a manter encontros coas comunidades educativas dos centros galegos co obxectivo de achegarse as súas necesidades e escoitar as diferentes opinións deste todos os puntos de vista.