O conselleiro de Educación recibiu a delegación china que prepara o III Foro de Reitores Hispano- Chino en Santiago

Xesús Vázquez Abad mantivo un encontro cos representantes chineses cos que falou sobre a situación do sistema universitario

Xov, 25/03/2010 - 13:25
O conselleiro Xesús Vázquez Abad cos representantes da delegación asiática
O conselleiro Xesús Vázquez Abad cos representantes da delegación asiática

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu hoxe aos representantes da delegación asiática que está a participar na organización do III Foro de Reitores Hispano- Chino que se celebra hoxe en Santiago de Compostela.

O conselleiro mantivo un encontro, no seu despacho de San Caetano, co subdirector do Instituto Confucio, Ma Jian Fei; o director da Oficina de Asuntos Europeos do Ministerio chino de Educación, Yang Xiao Chun; o director para o Intercambio Internacional do mesmo Ministerio, Fu Bo; cos que estivo a falar sobre os principais puntos do sistema universitario. Todos eles estiveron acompañado polo vicerreitor de Política Internacional da USC, Agustín Merino.

Hoxe a delegación de China reúnese cos representantes da Universidade de Santiago de Compostela para dar forma ao encontro que se celebrará os vindeiro 12 e 13 de abril en Santiago. O terceiro foro centrárase na Transferencia do coñecemento e o emprendemento nas universidades. Deste modo dáse continuidade aos foros celebrados en Shanghai no 2007, e en Madrid en 2005, todo isto coa axuda dos Ministerios de Educación e Asuntos Exteriores de España e China.