Xesús Vázquez Abad participa no acto homenaxe en lembranza ao garda civil Jorge Piñeiro Lorenzo
A Cañiza recordou ao membro do corpo de seguridade que faleceu durante un atraco a unha sucursal bancaria hai dous anos e ao seu compañeiro que resultou ferido no mesmo acto de servizo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe nos actos en homenaxe ao garda civil Jorge Piñeiro Lorenzo, asasinado durante un asalto a unha entidade bancaria en A Cañiza, hai dous anos, e o seu compañeiro ferido, José Riveiro Cabaleiro, no mesmo acto de sevizo.
Como homenaxe ao traballo que desenvolveu durante toda a súa carreira o concello pontevedrés inaugurou hoxe unha rúa que leva o nome do membro o corpo de seguridade. Durante a apertura da rúa Garda Civil Jorge Martínez Piñeiro Lorenzo, estiveron presentes o alcalde de A Cañiza, así como o delegado do Goberno, Samuel Juárez.
Homenaxe ao valor
Eles xunto ao conselleiro descubriron a placa que da nove a esta rúa. Previamente, e durante o acto desenvolvido na Casa do Concello tamén foi recoñecido o traballo desenvolvido polo garda civil José Riveiro Cabaleiro, compañeiro de Piñeiro Lorenzo e que resultou ferido no tráxico suceso, que recibiu unha medalla de prata polo seu traballo.
Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “Jorge Piñeiro representa hoxe os valores cívicos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, daqueles dispostos a cumprir co seu deber en calquera circunstancia para garantir a nosa seguridade, os nosos dereitos e o libre exercicio das nosas liberdades. Algo que sempre cómpre recoñecer, agradecer e honrar debidamente” e en referencia ao seu compañeiro dixo que “quero trasladarlle en nome do presidente da Xunta, Núñez Feijoo, o agradecemento polo seu indubidable valor, pero tamén polo traballo que ten desempeñado de xeito cotián atendendo, auxiliando e servindo aos que así o precisaron, seguindo así a mellor tradición da Garda Civil. Hoxe esta Concello e todos os presentes honrámolo polo moito que ten dado á Cañiza en particular e ao conxunto da sociedade española, en xeral”.