Orde do 28 de xaneiro de 2010 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora

Lun, 08/03/2010 - 09:58

Xúntanse a Orde do 28 de xaneiro de 2010 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora e o modelo de solicitude.

Prazo de solicitude: dentro dos corenta días naturais seguintes ao da produción do accidente. Para os accidentes acaecidos con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de corenta días naturais previsto iniciarase ao día  seguinte da entrada en vigor dela.

Convoca: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Máis información: teléfono 981 957 912