Vázquez Abad asina un protocolo de colaboración coa Fundación Barrié para implementar o programa Gradschool de formacion de talento nas universidades galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o presidente da Fundación Barrié, asinaron a implantación piloto do Programa de Competencias para Investigadores

A Xunta financia a participación de 42 investigadores das universidades galegas no cursos GRADschools.

Ven, 27/07/2012 - 13:04
Sinatura do protocolo de colaboración da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a C
Sinatura do protocolo de colaboración da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a implementación do programa de competencias para investigadores Gradschool nas universidades galegas.

En virtude deste documento a Consellería posibilita que 42 investigadores galegos participen neste Programa de formación competencial, sen dubida o de maior traxectoria e que constitúe, neste momento, o programa de referencia para a formación e o desenvolvemento dos investigadores noveles no Reino Unido.

A finalidade e desenvolver e potenciar as habilidades do traballo en equipo, as competencias comunicativas e a toma de decisións. Tratase da  creación dun proceso de acreditación e de unha rede de titores que poidan asumir a corto prazo esta función formativa en Galicia a través dos nosos centros de referencia universitarios. .

Promoción dos cursos

Deste xeito Vázquez Abad confirmou hoxe o compromiso para a promoción da materialización das iniciativas para regular a implantación do programa en Galicia, e a Fundación Barrié será a responsable de promover o desenvolvemento das accións precisas para a impartición dos cursos GRADschools de formación de competencias para investigadores.

Cómpre recordar que o programa Competencias para investigadores Gradschool está a ser desenvolvido pola Fundación, en colaboración cao empresa pública británica CRAC-VITE para mellorar as competencias profesionais dos investigadores en Galicia. O obxectivo do protocolo asinado hoxe pola Xunta de Galicia é o de implementar este programa de referencia europea na formación de talento, para maximizar o valor da investigación e innovación.

Programa de Competencias para Xoves Investigadores

Este programa supón un salto cualitativo e unha aposta decidida por achegar aos investigadores galegos e os resultados da súa investigación á sociedade, en xeral, ea o tecido produtivo, en particular.

Para a Fundación Barrié, este novo programa nace no marco dunha alianza coa Consellería, o que constitúe unha colaboración esencial para a consolidación no tempo desta iniciativa, e enmárcase nunha estratexia máis ampla de estímulo ao desenvolvemento económico de Galicia mediante o apoio á investigación e a súa transferencia ao mercado, así como na súa liña de apoio á Educación e a capacitación da empregabilidade global do talento galego. A Fundación Barrié traballa na mellora das capacidades dos xoves investigadores galegos, a través do seu programa de becas de posgrao no estranxeiro, que este ano chega a súa 23 edición, e de iniciativas como este programa de Competencias para Xoves Investigadores presentado hoxe.