Programas europeos: Programa de Aprendizaxe Permanente

O Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) que se promove a través de Programas Europeos ten implicacións para toda a cidadanía, sexa cal sexa o ámbito educativo ao que pertence, a súa situación laboral e a súa idade. As accións dos Programas Educativos Europeos pretenden dar cobertura a toda a cidadanía que desexe formarse ao longo da súa vida, promovendo non só a adquisición de competencias lingüísticas en todas as linguas do ámbito europeo, senón tamén de outras competencias tan necesarias na sociedade actual como pode ser a competencia dixital e a competencia social e cidadá.

Dende esta perspectiva, a Asesoría de Programas Europeos constitúe unha plataforma importantísima de programas de formación ao longo da vida que poden e deben servir de apoio a outras accións desenvolvidas por esta e outras institucións.