O conselleiro de Cultura e Educación reúnese con responsables de recoñecidos centros de arte e cultura de Madrid

Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Cultura mantiveron unha xuntaza esta mañá co director de La Casa Encendida, e esta tarde visitarán Matadero, dúas entidades culturais de referencia en Madrid

Mar, 10/07/2012 - 13:56
Xuntanza de Xesús Vázquez Abad e Anxo Lorenzo co director de La Casa Encendida
Xuntanza de Xesús Vázquez Abad e Anxo Lorenzo co director de La Casa Encendida

O conselleiro de Cultura Educación e Ordenación, Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuníronse esta mañá co director de La Casa Encendida, José Guirao, un dos centros culturais de maior actividade de Madrid.

Durante o encontro, tiveron ocasión de coñecer a programación social que leva a cabo esta entidade, baseada na cultura, na solidariedade, no medio ambiente, na comunicación e na formación, con actividades diversificadas para atender a fragmentación de públicos.

Pola tarde, os dous representantes da Xunta de Galicia manterán un encontro co director de Matadero, Pablo Berastegui, co obxectivo de coñecer as estratexias de planificación cultural deste centro, que basea a súa actividade nos procesos creativos e de formación artística.