Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía

Ven, 13/07/2012 - 12:39

Xúntase o Anuncio do 27 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía (596604).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos esixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.