A Escola Oficial de Idiomas de Ourense, dependente da Consellería de Cultura e Educación, ofertará desde o vindeiro ano o curso de chinés

Tamén se incrementa a oferta de ciclos formativos para adultos no IES A Carballeira e no CIFP Portovello, así o confirmou hoxe o director xeral de Educación

Mér, 27/06/2012 - 14:00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará o vindeiro ano o curso de Chinés a Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Así o confirmou esta mañá o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, durante a visita realizada ao centro ourensán.

En declaracións aos medios o director xeral sinalou que deste xeito increméntase a oferta na cidade das Burgas ao tempo que se da resposta a unha demanda que existía na mesma. Deste xeito o ano que ven ofertaranse 4 cursos de chino básico I con 30 prazas por cada curso.

Cómpre recordar que ata agora a EOI de Ourense xa daba resposta as demandas de 2.413 alumnas e alumnos que en máis dun centenar de grupos asistían a clases de inglés, francés, alemán, italiano, portugués, e galego. Ademais a oferta continúase complementando coas seccións oficiais situadas en O Barco, O Carballiño e Verín, ás que asisten máis de trescentos estudantes.

Incremento na oferta en ciclos formativos

Ademais Manuel Corredoira tamén deu a coñecer o incremento na oferta de ciclos formativos nos IES A Carballeira e no CIFP Portovello que posteriormente visitou. Así o instituto ofertará a partir do mes de setembro os ciclos medios para adultos de emerxencias sanitarias e farmacia e parafarmacia.

Xunto con estes cursos o IES tamén incrementa a súa oferta dando a posibilidade de estudar a distancia o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e o ciclo superior de Administración e Finanzas.

Do mesmo xeito confirmou que no CIFP Portovello tamén se incrementará a oferta de ciclo medio para adultos co curso de atención a persoas en situación de dependencia, co que se da resposta a una demanda existente en torno a esta formación.

A novidades avanzadas hoxe, xunto coas que terán outros centros supón un importante incremento da oferta pública en Ourense.

O director xeral estivo acompañado na Escola Oficial de Idiomas pola súa directora Nancy Casielles Iglesias; polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e a xefa territorial de Cultura e Educación na provincia, Mercedes Gallego. Estes dúos últimos tamén o acompañaron cando posteriormente se desprazou ata o IES A Carballeira e o CIFP Portovello.

Menús News node R